La resposta del Ministeri de l'Interior sobre la balisa a Puigdemont

Resposta do Ministerio do Interior sobre a baliza colocada no automóvel en que viaxaba Carles Puigdemont QS

 

 

Nesta segunda feira estaban citados a declarar perante a Audiencia Nacional española Miquel Àngel Matamala, o historiador Josep Alay e os dos mossos, Carles e Xavi, que acompañaban o presidente Carles Puigdemont cando foi detido na cidade alemá de Schuby, nunha viaxe durante o seu exiliio en Bélxica. Unha detención que foi levada a cabo através dunha operación policial que trataba de xeolocalizalo e que agora se converteu en “segredo de estado”

De feito, dúas semanas antes da detención na Alemaña, a protección de Puigdemont decubriu unha baliza de xeolocalización no seu vehículo en Bruxelas, e xusto despois da detención, diversos medios explicaban en pormenor como o Centro Nacional de Intelixencia español e axentes do Corpo Nacional de Policía, tiveran xeolocalizado en todo momento os movementos do presidente. Concretamente através de balizas ou beacons no vehículo e da localización do telemóvel.

Para contrastar esta información, o hiperactivo senador de EH Bildu, Jon Iñarritu, preguntou ao ministerio do Interior “cantas veces funcionarios españois utilizaron balizas de seguimento (beacons) de vehículos no estranxeiro nos últimos 10 anos. Tamén perguntou se se solicitaron as autorizacións xudiciais cando foron utilizadas esas balizas de seguimento de vehículos no estranxeiro e se nalgunha ocasión estes dispositivos foron utilizados sen autorización xudicial, no estranxeiro.

A resposta do ministerio do Interior chegou no 31 de maio e foi contundente: é información reservada. Segundo o documento remetido polo ainda ministro Juan Ignacio Zoido, “infórmase que todas as actividades de investigación policial especializada, que requeren a utilización de medios tecnolóxicos avanzados, están amparadas tanto pola Lei 9/1968, de 5 de abril, de secretos oficiais como polo acordo do Consello de Ministros de 6 de xuño de 2014, relativo á mesma lei, e o artigo 588 da Lei de axuizamento criminal, as Forzas e Corpos de Seguranza do Estado fican obrigadas á consecuente reserva a respecto da utilización dos mesmos”.

Deta feita, o estado escúdase nunha lei franquista, que ainda se utiliza para non desclasificar segredos oficiais alén dos documentos sobre OVNIs, para non informar ou certificar o uso de balizas para vixiar Puigdemont fora do Reino de España así como para esclarecer se foron utilizadas coa obrigada autorización xudicial.

 rQuico Sallés (Barcelona)03/06/2018 (El Nacional)