Nas últimas semanas, Institucións Penitenciarias rexeitou as peticións para progresar do primeiro ao segundo grao que efectuaron 54 persoas presas políticas vascas no cadro da ofensiva xurídica aprobada por EPPK no debate que concluíu en xuño.Segundo a Axencia Efe, o argumento co que Prisións rexeitou as solicitudes é que ningúnha das persoas se desvinculou de ETA nin esta acordou a súa disolución.

 

Resultado de imagem para presos politicos vascos

 

Conseguir o acceso ao segundo grao penitenciária é o desafío inicial da ofensiva xurídica que despregou EPPK para lograr achegamentos e excarceracións. Desta feita, cada persoa presa elaborou o seu dossier penal e xudicial, ademais de reflectir sobre cal é o seu criterio propio no que di respecto a obxectivos e vías que compre percorrer.

No Estado español, a clasificación de grao debe ser revisada cada seis meses e hai opción de recorrer a resolución perante o Xulgado Central de Vixilancia Penitenciaria, que é o que están a facer os integrantes do Colectivo de Presos Políticos Vascos. O 95,5% ainda está hoxe en primeiro grao.

Fonte: Naiz