“Xa pasara o pelotón e íamos de volta xunto con outra moita xente cara onde tiñamos o coche” comenta Xosé M.R. Foi ao pasaren por diante de varios vehículos todo terreno da Garda Civil "cando un dos axentes se dirixiu a nós e pediunos a identificación". Unha documentación, que neses momentos non levaban consigo. "Dixemos ao garda civil que a tiñamos no coche, que estaba a un quilómetro, e acompañounos el ata alí. E, seguíndonos detrás, un patrol da Garda Civil”

Sorpresa

Esta imaxe, de dúas persoas ‘escoltadas’ polo instituto armado, non pasou desapercibida para o numeroso público que estaba na zona e que fora contemplar a pasaxe dos ciclistas. “Mesmo tres rapaces achegáronse para facer fotos e preguntar por que nos levaban e case os identifican tamén”.

Unha vez chegados ao vehículo e mostrado o DI, a Garda Civil anotou os datos e retirouse. “O trato foi correcto”, apunta Xosé M.R.

Cortes de manga

Non é este o primeiro suceso no paso de ‘La Vuelta’ por Galiza. Así, e no paso da carreira por Baiona, axentes da policía identificaron e requisaron material a catro militantes do BNG por pintaren ‘Galiza Nación’.

E no tramo da Illa de Arousa, veciños deste concello denunciaban nas redes sociais teren sido obxecto de “cortes de manga” por garda civís por levaren a bandeira galega.

 

Mais información aquí.