The Land Between ofrece unha visión desde o interior do mundo en que viven, e se ocultan, as persoas subsaharianas que habitan as montañas do Gourougou, no norte de Marrocos. A maioria soña entrar en Europa saltando o militarizado valo de Melilla, enclave español no  continente africano. O filme documenta por primeira vez o día-a-día destas persoas atrapadas no limbo, así como a extrema violencia e o constante mal trato que sofren a maos das autoridades marroquinas e españolas. Explora tamén numerosas cuestións de alcance universal, o como e o por qué de esas persoas estaren dispostas a correr grandes riscos, incluindo a morte, para deixaren o seu país, a familia e os amigos, en procura de unha nova –e soñan mellor- vida.