O pasado 17 de marzo EsCULcA solicitou ao Comité Europeo para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratos Inhumanos ou Degradantes (CPT)  a inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro, un dos dous macrocárceres ubicados en territorio galego, no programa que o Comité desenvolverá na súa próxima visita ao Reino de España, prevista para este mesmo ano.

Acompañando a súa solicitude, EsCULcA enviou ao CPT un relatorio elaborado polo propio observatorio sobre a situación que se vive no interior do cárcere desde a súa entrada en servizo en 1998. No documento préstase especial  atención aos casos de malos tratos e tortura que foron obxecto de denuncia perante os xulgados, 11 episodios en total en que se viu implicado un número elevado de persoas.

    O relatorio acredita a difícil via de investigación das denuncias de tortura e malos tratos polos órganos xurisidicionais competentes, arquivadas rutineiramente polos xulgados de Betanzos. Subliña tamén que a Defensoria do Pueblo nunca procedeu a averiguar o fundamento dos feitos denunciados nin examinando individualmente cada caso nin abrindo unha investigación mais ampla para determinar o que acontece no penal, limitándose o seu labor moitas veces a pór empecillos.

    O mesmo podendo ser dito do Mecanismo Nacional Preventivo contra la Tortura, integrado na propia Defensoría, que nunca exerceu as facultades que lle confere o Protocolo Facultativo para a Prevención da Tortura alegando entender que a súa actuación, após a denuncia e producidos os feitos, non tería carácter “preventivo", amparándose sorpresivamente nese criterio para ignorar  seu eventual valor como medida de prevención da reiteración de feitos análogos.

Por estsa razóns, EsCULcA entender ser necesaria a intervención de Mecanismos supraestatais de garantía de dereitos fundamentais e prevención da tortura e propón que o Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa considere a posibilidade de incluir o C.P. de Teixeiro entre os centros a examinar na próxima visita ao Reino de España.

Ver aquí o Relatorio