Oito persoas procesadas por pedir ao Rototom que cancelase a actuación do cantor prol-israelita Matisyahua através de chíos.

 

Jorge Ramos, Irene Esteban e Imma Millán, tres de los valencianos imputados.                                                      Jorge Ramos, Irene Esteban e Imma Millán, tres dos activistas denunciados

As tres teñen entre 30 e 35 anos e son activistas e defensoras dos dereitos humanos e de diversas causas sociais. Por iso, as tres sorprendéronse de que un festival como o Rototom Sunsplash de Benicàssim contase en 2015 coa participación de Matisyahu, un cantor prol-israelita que nega a existencia do pobo palestino.

Ademais, colaborou na arrecadación de fondos para o exército através da asociación de Amigos do Exército Israelita (FIDF) e xustificou publicamente algúns ataques como o que sufriu a Flotilla da Liberdade en 2010.

Por iso as tres participaron, sen dubidalo e de forma activa, na campaña Boicote, Desinvestimentos e Sancións (BDS), que loita pola defensa do pobo palestino no ámbito internacional e que iniciou unha campaña centrada en pedir «coherencia» ao festival de Benicàssim, en esixir que cancelase a súa actuación e en subliñar que este artista «non debería formar parte dun festival que defende os dereitos humanos, porque esa é a esencia do Rototom ou polo menos, a teoría». E fixérono mediante as redes sociais. Nin sequera acudiron ao concerto que, finalmente, si se celebrou sen altercados, nin episodios violentos.

Contodo, enfróntanse agora a unha pena de 4 anos de cárcere e inhabilitación. E non o comprenden. E pregúntanse: «E a liberdade de expresión?, e a posibilidade de utilizar o boicote como acción pacífica?». As tres foron declarar na segunda ao xulgado de Instrución número 19 de València por supostos delitos de ameazas, coaccións e incitación ao odio. Mais non foron soas. A querela criminal sinala 8 persoas. Jorge, Irene e Imma son 3 das 5 valencianas investigadas nun caso que non ten precedentes no Reino de España. «Somos 8 acusados mais poderiamos ser 200 ou 2.000», sinalan.

A querela presentada polo avogado Abel Isaac de Bedoya Piquer, presidente do Comité Legal contra o Antisemitismo e a Discriminación, reúne 166 páxinas e 6.000 follas  como documentos adxuntos onde se detallan as publicacións dos acusados e do movemento BDS (aínda que non formen parte da asemblea do País Valencià embora simpaticen coa causa, como é o caso de Imma) chamando ao boicote. Neste caso, un boicote cultural.

Mais non porque Matisyahu sexa xudeu, nin moito menos, «senón porque xustifica e defende os crimes que sofre o pobo palestino, actuacións racistas e violentas que vulneran os dereitos humanos ante a pasividade da comunidade internacional. Pois os cidadáns falamos. E facémolo de forma pacífica e en todo o mundo. E si, o movemento BDS persegue o boicote institucional, económico, comercial e cultural a Israel. A nosa crítica non é ao artista por ser xudeu, iso é o primeiro que debe ficar claro».

Primeira causa xudicial

Esta é, aliás, a primeira causa xudicial destas características. «Denúnciannos por instar un festival a cancelar unha actuación, por dar a coñecer a ideoloxía que defende este cantor nun festival que levou persoas de sona que defenden os dereitos humanos», aseguran. «Enfrontámonos a catro anos de cárcere por defendermos o pobo palestino. A intención é conseguir silenciar o debate que crea o BDS e criminalizar os seus actos. Non ten nada que ver co antisemitismo», afirman a/os activistas, que continúan sen entender nada.

Mónica Ros

Levante