A cidade de Nova York anunciou na pasada terza-feira que no próximo outono, que comeza en setembro, eliminará o confinamento solitario do seu sistema de prisións como parte dunha reforma do modelo disciplinar aprobada dous anos despois da morte en isolamento da muller transexual Layleen Polanco, cuxo caso gañou alto perfil.

 

Cárceles] La vida en soledad. Aislamiento es tortura – Kaos en la red

 

A Xunta Correccional, un órgao independente que vixía o sistema priosional municipal, aprobou por unanimidade eliminar esa medida que penalizaba con entre 20 e 24 horas diarias de isolamento reus que cometeran actos violentos, de acordo cun comunicado.

O alcalde, Bill de Blasio, dixo que a Gran Mazá ha ir “máis lonxe que calquera outro sistema de prisións nos EUA” e que o novo plano “prové un contorno seguro e humano” a presos e a funcionarios.

O modelo que substitúe esa restritiva medida implica un mínimo de 10 horas fóra da cela en que se comunique con polo menos outra persoa; revisións diarias de persoal sanitario e de saúde mental; programación terapéutica e a representación dun avogado en todo o proceso, entre outras cousas.

As medidas entrarán en vigor no outono de 2021, quer dicir, a partir de setembro, e son resultado de “discusións extensas e achegas” de xente con experiencia de confinamento en solitario, os seus familiares, persoal de prisións, activistas, investigadores e outros especialistas locais e nacionais.

Nese sentido, a Xunta “recoñece que o confinamento solitario crea riscos significativos de dano psicolóxico e físico para a xente en custodia”, despois de varios casos de alto perfil como o de Polanco, unha muller transexual de 27 anos que faleceu en Rikers Island o 7 de xuño de 2019.

Polanco, quen segundo o relatorio forense morreu como consecuencia dun ataque de epilepsia, foi confinada polas súas carcereiros apesar das obxeccións mostradas por un médico e das convulsións que sufrira recentemente, determinou un informe interno do correccional.

Fora trasladada a Rikers despois de ser acusada de delitos menores e de non pagar unha fianza de 500 dólares.

En outubro de 2019, a Xunta propuxo normas para restrinxir o confinamento solitario mais a grande maioría das persoas que comentaron ou testemuñaron para a proposta aseguraron que non eran suficientes e pediron o seu fin inmediato.

A organización The Legal Aid Society, un bufete que defende persoas de baixos ingresos, sostivo que as novas normas “contradin as promesas de reforma dun sistema roto e abusivo de castigo e isolamento” e alegou que se trata dunha lavaxe de cara sen mudanzas fundamentais.

“As normas non poñen límite sobre canto pode ser sentenciada a esas gaiolas unha persoa encarcerada, xa que as normas permiten ao Departamento (de prisións) ampliar unha sentenza para sempre, sen revelar a información secreta que supostamente xustifica a privación”, indicou a ONG nunha nota.

En 2015 foi aprobada unha reforma que eliminou esa medida para mozas entre 16 e 21 anos e persoas con doenzas mentais graves e estableceu “límites estritos” sobre o seu uso xeral, que contribuíron a unha rebaixa do 81 % na súa aplicación, segundo o comunicado.

Eldiario.es