A Comisión Europea abre expediente sancionador ao Reino de España por non aplicar a directiva contra o abuso sexual infantil. O organismo decidiu dar inicio a un procedemento de infracción e enviou notificación ás autoridades españolas como primeiro paso. Considera que o Estado español non implementou a directiva europea de forma plena, algo que debería ter feito como moi tarde en decembro de 2013

 

Unos niños ajenos a la información.                    Crianzas alleas á información

O expediente procede dunha denuncia de varios colectivos á que a Comisión Europea respondeu hai uns dous anos con posibeis incumprimentos como a vulneración do interese superior do menor ou o exceso de interrogatorios

Unha denuncia por agresión sexual a un menor cada tres horas en España: a punta do iceberg dunha violencia silenciada
A xustiza, un sistema non adaptado para crianzas que denuncian abuso sexual

A Comisión Europea iniciou un procedemento de infracción contra España por non aplicar a directiva europea contra o abuso sexual a menores. O organismo decidiu enviar notificación ás autoridades españolas, italianas e portuguesas como primeiro paso, que dispoñen agora de dous meses para responder á Comisión.

Os Estados membros estaban obrigados a implementar a norma como moi tarde en decembro de 2013, mais aínda que o organismo recoñece “o desafíoi” de implementar unha directiva tan exhaustiva, apunta a que “para garantir a protección efectiva dos menores fronte aos abusos sexuais, os Estados membros deben cumprir plenamente as disposicións”.

A directiva, que data do 13 de decembro de 2011, establece un amplo cadro para combater o abuso sexual na infancia, unha realidade oculta e silenciada que motivou só en 2017 a interposición de 3.041 denuncias, unha cada tres horas, segundo os datos disponíbeis do Ministerio do Interior.

“A UE ten normas estritas que penalizan estes abusos en toda a Europa, o que garante graves sancións aos delincuentes, protexe ás vítimas menores de idade e, en primeiro lugar, contribúe a evitar que se produzan tales delitos. A Directiva tamén inclúe medidas especiais para combater os abusos sexuais de menores na rede”, prosegue a comunicación oficial da Comisión Europea.

Vulneración do interese superior da crianza
Segundo confirma o Executivo comunitario, este procedemento procede da denuncia que varios colectivos, entre eles a Asociación Galega contra ou Maltrato a Menores (AGAMME) presentaron contra o reino de España hai tres anos. A resposta veu da man da Comisión de Peticións da Eurocámara en abril de 2017, que avisaba que a Comisión Europea comezaría a investigar o estado español por unha suposta vulneración dos dereitos dos menores vítimas de violencia sexual.

O organismo deu crédito ás queixas das asociacións e concluíu que a transposición da directiva europea á normativa nacional é “potencialmente non conforme” e que “podería existir unha falta de dilixencia na instrución dos casos de abuso sexual” en España.

Entre outras cousas, concluíu que se daba unha “posíbel aplicación indebida do interese superior da crianza como unha consideración primordial”, algo que recoñece a directiva, alén de poder darse unha aplicación xeneralizada da Síndrome de Alienación Parental (SAP) e unha suposta falta de credibilidade da declaración da crianza vítima. A Comisión observou ademais que podería existir unha falta de dilixencia na instrución dos casos de abuso sexual a menores, incluídos as supostas demoras inxustificadas na tomada de declaracións das vítimas e o número excesivo de interrogatorios.

Moitos destes puntos son os que as organizacións de infancia levan anos denunciando como incumprimentos e que esperan que, en parte, poidan ser emendados polo anteproxecto de Lei Orgánica para a Protección Integral da Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia, aprobado polo Consello de Ministros no pasado 28 de decembro. Aínda que agora debe proseguir o trámite marcado e chegar ao Congreso dos Deputados, o Goberno inclúe no texto medidas en varios ámbitos e propón que os delitos sexuais contra nenos e nenas prescriban doce anos máis tarde do que caducan agora.

eldiario.es