Na próxima cuarta-feira dia 30 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Aula 14 da Faculdade de Historia, o colectivo Elvira Parcero organiza unha palestra sob o título “Historias: Represión e Resistencia na Galiza Combatente. O acto contará coa participación de Iria Morgade, que falará da experiencia do mestre e político republicano represaliado polos militares golpistas Bernardo Mato, Xosé Alvarez, que disertará sobre os Paseos na Pontevedra franquista e Bernardo Maiz, que describirá o proceso de resistencia das guerrillas antifascistas.