As produtoras audiovisuais, compañías artísticas ou calquer outra entidade que pretenda utilizar uniformes da Garda Civil ou as súas réplicas “para representacións artísticas ou para outros fins de interese económico, cultural ou social” deberán obter a preceptiva autorización da Dirección Xeral do instituto armado, segundo o real decreto que regula o uniforme da Garda Civil, publicado nesta terza-feira no BOE.

.

.

 

Un manifestante con un uniforme de guardia civil protesta durante la apertura del XII Congreso del PP de Andalucía, en 2009.
Un manifestante con uniforme da garda civil.GARCÍA CORDERO
..

 

As produtoras audiovisuais, compañías artísticas ou calquer outra entidade que pretenda utilizar uniformes da Garda Civil ou as súas réplicas “para representacións artísticas ou para outros fins de interese económico, cultural ou social” deberán obter a preceptiva autorización da Dirección Xeral do instituto armado, segundo o real decreto que regula o uniforme da Garda Civil, publicado nesta terza-feira no BOE. O regulamento até agora vixente, de xaneiro de 2014, xa esixía a autorización previa para utilizar o uniforme da Garda Civil por persoas alleas ao corpo, mais a nova norma alude tamén ás ‘réplicas’ do mesmo, incluídas as de carácter histórico. Un porta-voz do instituto armado indicou que por ‘réplicas’ se entende unha copia exacta que poida chegar a confundirse co orixinal.

Quen queira utilizar estes uniformes ou as súas réplicas para actos culturais ou sociais deberá presentar unha “memoria xustificativa” e “gardar, tanto canto posíbel, as normas de aspecto externo”, de forma que “non exista menoscabo para a imaxe da Garda Civil”. A Dirección Xeral se reserva así a facultade de censurar o uso do uniforme, prohibindo a súa exhibición ou impondo condicións á mesma.

O aspecto máis polémico da norma foi, contodo, o uso de tatuaxes por parte dos membros do instituto armado. O rascuño inicial do decreto, que foi avalado polo Consello de Estado, daba un ano aos gardas civís para eliminaren as tatuaxes do rosto, pescozo e mans, o que provocou protestos da Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC), por considerar que se lles impuñan restricións que non se aplican aos policías.

Contodo, nunha virada de última hora, o decreto permite finalmente que os gardas civís leven tatuaxes en lugares visibeis co uniforme sempre que non “conteñan expresións e imaxes contrarias aos valores constitucionais, autoridades ou virtudes militares que poidan atentar contra a disciplina ou a imaxe da Garda Civil en calquera das súas formas, ou calquer outros contidos vedados por lei”. En troca, prohibe as “argollas, insercións, automutilacións, adhesivos, dilataciónss e similares, así como implantes microdentais ou subcutáneos”, excepto as perforacións para brincos.

Os gardas civís non poderán usar o uniforme en “manifestacións ou reunións de carácter político, sindical ou reivindicativo” e tampouco en entrevistas cos medios de comunicación, salvo autorización expresa, nin “nas tecnoloxías da información e as comunicacións ou calquer outro medio de difusión pública utilizando contas e canais de uso privado”; quer dicir, nas redes sociais e chats. Tampouco se autorizará “en ningún caso o uso do uniforme ao persoal cando exerza cargos electos en órgaos de representación política”.

Os axentes xa retirados poderán acudir uniformados a “actos institucionais e sociais solemnes”, mais a dirección da Garda Civil poderá impedirlles o uso do uniforme cando foren procesados ou xulgados por algún delito ou tiveren “realizado accións manifestamente contrarias ao código de Conduta do persoal da Garda Civil”.

O decreto prohibe a compravenda entre particulares de uniformes da Garda Civil ou pezas do mesmo e sinala que os establecementos autorizados a comercializalos deberán comprobar a identidade do comprador como membro do corpo e, caso de venda a distancia, o envío deberá ser remitido exclusivamente a dependencias oficiais do instituto armado.