Un vídeo caseiro mostra como axentes da Garda Civil do Milladoiro (Ames), despois de sorprenderen in fraganti un ladrón que estaba a roubar no interior dun bar,  danlle o alto dúas veces e a seguir disparan. O home cae ao chan. “Se o sei non chamo”, lamenta a muller que avisara a Garda Civil e está grabando desde unha xanela a escena ao ver a desproporcionada actuación do axente.

 

A parella que grava desde o seu apartamento grita sorprendida ao ver que o home cae ao chan. “Caeu ao chan, caeu ao chan, matárono, eh?” ouvese unha voz de home en canto ao fondo hai solouzos e queixumes da muller.

Felizmente o ladrón non estaba morto nin ferido, mais o uso intempestivo de armas de fogo nunha situación observada pola parella que graba a escena, en que o ladrón non tiña posibilidades de escapar, levou á Garda Civil a abrir unha investigación para determinar se o axente se excedeu.

Ler máis.