Un tribunal turco condenou hai uns días o cantor kurdo Veysi Ermiş a un ano e medio de prisión por usar as palabras “Kurdistán” e “guerrilla” nunha canción, segundo informou Nationalia. Ankara tamén detivo o músico sirio Omar Souleyman, ao que acusa de vínculos co PKK.

 

Turkish court sentences Kurdish singer Veysi Ermiş to prison over 'Kurdistan' remark in song

Veysi Ermis

 

Un tribunal turco condenou hai uns días o cantante kurdo Veysi Ermiş a un ano e medio de prisión por usar as palabras “Kurdistán” e “guerrilla” nunha canción, segundo inforumou Nationalia.

O xuíz suspendeu a condena ao non ter o músico antecedentes mais advertiulle que en Turquía usar estas dúas palabras equivale a eloxiar o PKK.
Ermiş está vinculado ao Centro Cultural Mesopotámico (MKM), un espazo de promoción das artes kurdas que sufriu persecución e ilegalización desde a súa fundación en Istambul en 1991.
Souleyman

Alén desta detención, a policía turca tambén detivo na cidade de Urfa o músico árabe sirio Omar Souleyman acusado de manter vínculos coas YPG, a milicia kurda de Siria próxima ao PKK. Souleyman vive en Turquía desde 2011.

A axencia turca IHA vincula a detención con declaracións “hai uns anos na Alemaña” en que Souleyman eloxiou o PKK e o líder e fundador da organización, Abdullah Öcalan.

Irónicamente, a mesma axencia publicou en 2019 un relatorio sobre Souleyman en que destacaba que o músico abrira unha panadería en Urfa onde repartía pan gratuíto aos refuxiados que, segundo os medios, “fuxiran da persecución das organizacións terroristas Daesh e PKK/YPG”.

O axente do cantor, contodo, di que Souleyman está a ser interrogado sobre unha viaxe que supostamente fixo a zonas controladas polas YPG de Siria, e confía en que sexa liberado axiña.

Souleyman combina o dabke e outras músicas tradicionais árabes, kurdas e asirias da súa rexión natal (Cîzîre no nordeste de Siria) con sons electrónicos.