Os sindicatos CCOO e ACAIP denunciaran Iñaki Rivera, profesor e director do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans da Universidade de Barcelona, que desde hai anos investiga e denuncia malos tratos nos cárceres.

 

iñaki-rivera - Todo Por Hacer                                        Iñaki Rivera, nunha imaxe facilitada polo observatorio que dirixe OBSPDH

A Audiencia de Barcelona arquivou a causa penal aberta ao profesor de dereito prisional e director do Observatori del Sistema Penal e els Drets Humans da Universidade de Barcelona (UB), Iñaki Rivera, por dicir en TV3 que nos cárceres “hai torturas”. A agrupación do persoal prisional de CCOO e o sindicato de prisións ACAIP consideraron que as palabras de Rivera, que desde hai anos vén cuestionando o sistema de isolamento e o trato que reciben os internos nas prisións, era merecedoras dunha querela por inxurias e calumnias.

Un xuíz de Barcelona admitiu a querela e imputou o profesor por calumnias, e chegou a deixalo a un paso de ir a xuízo apesar de a Fiscalía non ter visto delito algún. Finalmente, a Audiencia de Barcelona atendeu o recurso da defensa de Rivera, que exerce a penalista Laia Serra, e arquivou o caso ao entender que non se dan os elementos do delito.

Argumentaba a defensa que as palabras de Rivera estaban amparadas pola liberdade de información, que protexe a denuncia pública e social que realizan as entidades en favor dos dereitos humanos, así como polas numerosas sentenzas que condenaron funcionarios por cometeren abusos e malos tratos a internos. Tamén lembrou a defensa que o OBSPDH contextualizou as palabras de Rivera no cadro da súa divulgación e denuncia do isolamento prisional non como unha valoración negativa dos labores dos funcionarios.

“A imputación efectuada non a un funcionario ou funcionarios concretos senón, de forma xenérica, a un colectivo de persoas, sen maior concreción, non permite considerar os funcionarios prisionais suxeitos pasivos do delito, polo que o mesmo fica vacío dos seus elementos típicos”, resolve a Audiencia de Barcelona.

A querela baseábase na intervención de Rivera nun programa de TV3 do pasado mes de novembro, en que o docente afirmou durante un debate sobre o isolamento prisional que nos cárceres cataláns “hai torturas, hai malos tratos e hai vexacións” por parte dos funcionarios aos internos.

No programa da televisión pública catalá participou xunto a Rivera a familiar dunha presa que se suicidou cando estaba en isolamento, un réxime carcerario cuestionado por organizacións de dereitos humanos como a que encabeza Rivera e que provoca secuelas físicas e psicolóxicas nas persoas internas.

Oriol Solé Altimira

El Diario