O manual  que publica ARTICLE 19 responde a unha exixencia crecente de esclarecemento sobre o ‘discurso de odio’ e aos desafios que este discurso xera no cadro dos dereitos humanos. Tamén propón unha metodoloxia para o identificar e o combater eficazmente, protexendo ao mesmo tempo os dereitos á liberdade de expresión e á igualdade.
,
.
Manual sobre el ‘Discurso de Odio’ - Civic Space

 

 

O manual explora tres cuestións chave:

  1. Cómo identificarmos o ‘discurso de odio’ que pode ser limitado e como o diferenciarmos das expresións protexidas?
  2. Cales son as medidas positivas que os Estados e outros actores poden adoptar para combater o ‘discurso de odio’?
  3. Qué tipos de ‘discurso de odio’ deberían ser prohibidos polos Estados e en qué circunstancias?

O manual é baseado no principio de que unha acción coordenada e focada na promoción dos dereitos á liberdade de expresión e á igualdade é esencial para o establecemento dunha sociedade tolerante, plural e diversa, en que todos os dereitos humanos poden ser respectados para todas as persoas. Esta acción desenvólvese a partir dos principios guía de ARTICLE 19 sobre este tema.

Na primeira parte, afírmase que non hai unha definición uniforme de ‘discurso de odio’ alicerzada nos estándares internacionais de dereitos humanos, senón que constitúe un concepto amplo que inclúe unha variedade de expresións. O manual propón unha tipoloxía para identificar e diferenciar formas de ‘discurso de odio’ , en relación coa súa severidade e conforme ás obrigacións dos Estados, con base nos estándares internacionais de dereitos humanos.

Na segunda parte, son analisadas as medidas que o Estado e os axentes non-estatais poden adoptar para o establecemento dun contorno que contribúa á liberdade de expresión e á igualdade e que se debruce sobre as causas subxacentes ao ‘discurso de odio’ optimizando as oportunidades para o combater.

Finalmente, na terceira parte, defínense as circunstancias excepcionais en que o estado é obrigado polos estándares internacionais de dereitos humanos a prohibir as formas máis graves do ‘discurso de odio’ e en que os Estados poden adoptar restricións a ese discurso. Inclúese unha orientación para garantir que non se abuse destas restricións; que cando se proceder a impor sancións, estas sexan apropiadas e proporcionadas; e para garantir o apoio e a reparación das vítimas.

ARTICLE 19 entende ser preciso asegurar que as respostas ao ‘discurso de odio’ sexan conformes aos estándares internacionais de dereitos humanos. As prohibicións que censuran puntos de vista ofensivos costuman ser contraproducentes na promoción da igualdade, ao non resolveren a cuestión das raíces sociais subxacentes ao preconcepto que xera o ‘discurso de odio’. Na maioría dos casos, a igualdade é promovida máis eficazmente através de medidas positivas que aumenten o diálogo e a tolerancia, e non coa censura.

O manual non é definitivo e será actualizado constantemente para incluir nel as novidades en xurisprudencia e mellores prácticas neste ámbito.

Manual