A Delegación Saharaui na Galiza (SOGAPS) convoca unha concentración para reclamar a liberdade das persoas presas por Marrocos por defenderen a liberdade do seu país. Será o próximo domingo 23 de xullo, ás 12 na Praza do Obradoiro. Compre lembrar que recentemente un tribunal condenou a duras penas de prisión (incluídas 8 cadeas perpetuas, 3 de 30 anos, 5 de 25 anos e 3 de 20 anos) 23 activistas do grupo Gdeim Izik.
DOMINGO 23/07 - ÀS 12:00
Concentración no Obradoiro para reclamar a liberdade de presos e presas saharauis
21/07/2017
← Denuncian que policías non identificados baten en mulleres carrexadoras en Melilla
Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron →