O Colectivo de Apoyo a Mujeres Presas de Aragón (CAMPSA) denuncia que dúas persoas invidentes internas no penal de Zuera -Vanesa Arroio e Jesús Navascues- hai 47 días que están encerradas no módulo de enfermaría do Centro Penal de Zuera. Teñen dificultades de movemento e de acceso aos recursos máis básicos (por exemplo, non lles foron proporcionados libros en braille). As dúas ingresaron voluntariamente no cárcere para cumprir dúas condenas curtas.

 

Resultado de imaxes para centro penitenciario de zuera

 

As dúas residen no módulo de enfermaría con ‘apoio sanitario’ debido ás diversas patoloxías que sofren. O apoio sanitario está composto por outras persoas presas que as acompañan as 24 horas do día.

En dous relatorios médicos a que CAMPA tivo acceso consta a seguinte información:

“Vanesa presenta problemas de deslocamento debido á súa patoloxía psiquiátrica (trastorno bipolar) e alteracións do equilibrio, cegueira total e, segundo refire, fobia aos transportes e sitios fechados.”

“Jesús no momento actual está diagnosticado de cegueira por retinose pigmentaria e entre os seus antecedentes consta un ictus con hipoestesia en extremidade superior esquerda.”

A intención de ambos é solicitar a clasificación en terceiro grao para poderen cumprir a condena en réxime de semi liberdade que lles permita vivir dignamente. Teñen dificultades de movemento e de acceso aos recursos máis básicos. Non lles foron proporcionados libros en braille.

CAMPA quer facer pública esta situación para pór á luz como o cárcere e o sistema penal mostran máis unha vez o seu lado máis perverso e menos humano, permitindo o encerramento de persoas como Vanesa e Jesús.

CAMPSA