De ‘lamentábel’ califican siareiros do SD Compostela a actuación policial no estadio de San Lázaro e os arredores o pasado 18 de setembro antes do xogo entre a equipa da casa e o Móstoles.
.
SD Compostela- Salmantino UDS, final playoff ascenso Segunda División B: El Salmantino celebra el ascenso con sus 1.000 fieles | Radio Salamanca | Cadena SER
                                  Interior do estadio de S. Lázaro. Foto de arquivo
.
Segundo o relato de testemuñas presenciais, ás 15:30, tres furgóns da policia nacional ‘asaltaron’ o bar onde estaban reunidos os siareiros da SD e procederon a revistar corporalmente todas as persoas sen xustificación algunha. Sinalan que até ese momento o ambiente era moi tranquilo e os siareiros limitábanse a desfrutar dos momentos previos ao inicio do xogo.
.
Posteriormente, xa na entrada ao estadio pola grada de preferencia, despois de pasaren o control de aceso, os siareiros observan a presenza duns 15 axentes do CNP que van identificando unha a unha todas as persoas que tentan acceder ao campo. Os axentes obríganas a mostraren todo o que levan nos petos e permaneceren xunto á parede, retendo os documentos de identidade durante uns 15 minutos, tempo que empregan para fotografar tanto os documentos como as persoas retidas contra a parede.
.
Despois duns 25 minutos deste ‘control rotineiro’, permiten que as persoas entren na bancada. A todo isto é preciso acrecentar a actitude ‘chulesca’ dos axentes, que ameazan repetidamente con abrir expediente sancionador por ‘desobediencia á autoridade’ a toda persoa que cuestione o procedemento.
As testemuñas destacan unha entre as frases proferidas polos axentes: “Si tienes algún problema escríbele un correo al ministerio del interior, a ver si te hacen caso”.
.
Segundo este relato, moitas persoas desistiron de entrar ao campo e asistir ao xogo para non ter que pasar por un mal momento.
.