O 17 de outubro de 2018, Esculca organizou na Casa do Matadoiro de Compostela unha palestra-coloquio sob o título “É posíbel unha sociedade sem cárcere?” co profesor Iñaqui Rivera Beiras da Universidade de Barcelona, director do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans da UB, recoñecido analista do sistema prisional e constante defensor da redución inmediata da populación reclusa como paso previo ao desencarceramento total da sociedade.
Iñaqui Rivera centrou a súa intervención nas medidas que foron tomadas nalgúns países -Italia, por exemplo- para reducir significativamente o número de persoas presas, nos alentadores resultados destas iniciativas e na exposición dunha estratexia de desencarceramento progresivo e viábel que debería ser acometida de inmediato no Reino de España, insistindo na necesidade de contar en todo momento coa participación dos sectores directamente concernidos.
Vídeo da intervención do profesor e activista Iñaqui Rivera Beiras