Efectivos policiais e da forza armada de Ecuador reprimen os manifestantes indíxenas que avanzan cara a Quito, a capital do país, para protestar contra o goberno de Guillermo Lasso.

 

 

Fim dos protestos no Equador: Moreno cancela pacote de austeridade

 

O medio local Radio Pichincha informou no Twitter que os cidadáns consideran que a capital ecuatoriana, durante a tarde da pasada terza-feira, “parece unha zona de guerra”.

Através dun vídeo publicado por ese medio, obsérvase un operativo de seguranza en que os funcionarios lanzan bombas lacrimoxéneas aos manifestantes nun sector ao norte de Quito, onde hai “grande presenza” de policias e militares.

 

 

A represión prodúcese tamén noutras rexións do país. Na terza-feira, a Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie), impulsora do Paro Nacional, denunciou que un comuneiro kichwa foi “asasinado” pola forza pública na cidade de Puyo, provincia de Pastaza.

A Conaie tamén denunciou que houbo polo menos 74 feridos no marco da “brutal represión policial e militar”, como “resposta” do goberno de Lasso.

Os protestos do movemento indíxena no Ecuador comezaron o pasado 13 de xuño co chamado a Paro Nacional, ao completarse un ano do diálogo infrutuoso entre o Goberno de Lasso e a Conaie, que esixe unha serie de reclamos políticos, económicos, sociais e laborais, para pór fin ao conflito.

A Conaie sinalou que Lasso mantén un discurso “contraditorio” sobre a situación no país, pois apesar de informar que está disposto a participar nun diálogo para buscar solucións, mantén a represión contra os manifestantes e invade as sedes das organizacións do movemento indíxena con centenares de militares e policías.

 

 

Protestos masivos

Nas redes sociais tornarom virais varios vídeos que mostran os masivos protestos na capital ecuatoriana durante a tarde da tereza-feira, en que os manifestantes esixen agora tamén a renuncia de Lasso.

Nun dos vídeos obsérvase como os funcionarios retroceden ante a chegada de centenares de persoas descontentas.

Nalgunhas zonas de Quito, os residentes da capital decidiron sumarse aos protestos e mesmo apoiar con bebida e comida os representantes do movemento indíxena que chegan doutras rexións do país.

Nas redes tamén circulan denuncias sobre a suposta violación das forzas militares e policiais dos espazos de recintos universitarios da cidade. Algúns destes feitos contra a autonomía universitaria aconteceron na Pontificia Universidade Católica do Ecuador e na Universidade Politécnica Salesiana.

“Lasso e as súas forzas de choque pisando e violentando as institucións culturais e universitarias, así como as sedes de organizacións sociais. Ecuador en ditadura”, sinalou un dos usuarios no Twitter.

 

 

Lasso afirma estar disposto a dialogar

Entretanto os centos de manifestantes indíxenas chegan a Quito e súmanse outros esixindo a renuncia de Lasso, o mandatario ecuatoriano dixo estar disposto á participar nun eventual proceso de diálogo cos representantes da Conaie e outros actores de “a sociedade civil”.

“Conte coa miña predisposición e a do meu gabinete para participarmos nun proceso de diálogo franco e respectuoso coa Conaie e máis organizacións da sociedade civil que desexen sumarse ao proceso, para xuntos buscarmos solucións a cada unha das lexítimas necesidades das familias ecuatorianas”, dixo Lasso através dunha carta enviada a Humberto Salazar, presidente executivo de Fundación Esquel, unha organización civil privada que propón a intermediación da Organización para as Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea (UE) para conseguir unha solución pacífica aos protestos.

Lasso asegurou que o seu Goberno “acolleu gran parte das suxestións presentadas” pola Conaie, “con medidas compensatorias anunciadas publicamente”, mais recoñeceu que o proceso para liquidar as demandas do país é “dinámico”.

 

79 detidos e 39 violacións de dereitos humano

Organizacións internacionais de Dereitos Humanos como Amnistía Internacional e Human Rights Internacional denunciaron que a forte represión policial contra os protestos, desde o pasado 13 de xuño, provocaron violacións aos Dereitos Humanos como o uso excesivo da forza, detencións arbitrarias de manifestantes, agresións a xornalistas e intimidación a organizacións da sociedade civil.

Segundo as cifras destas organizacións, até esa altura houbo 79 detencións e 39 episodios de violencia. Tres persoas foron reportadas como desaparecidas e polo menos 23 policías terían sido retidos polos manifestantes.

Pola súa banda, a Alianza de Organizacións polos Dereitos Humanos do Ecuador, que aglutina 15 agrupacións, informou sobre un morto durante as xornadas de protestos.

 

 

A vítima sería un mozo de 22 anos, que faleceu ao caer a un desfiladeiro no pasado domingo, no medio dunha “forte represión por parte de policías e militares”, durante o sétimo día do paro nacional.

Doutro lado, a Alianza denunciou que un mozo de 20 anos está hospitalizado e podería perder a visión do ollo esquerdo polo impacto dunha bomba na cara..

O presidente da Confederación de Organizacións Clasistas Unitarias de Traballadores, Mesías Tatamuez, condena a represión en resposta ao paro nacional. Destaca que a loita se librou para vivir nun país san e educado, e tamén para que as autoridades non dividan as persoas que saen protestar.

RT