Mediante un comunicado oficial feito público no pasado 9 de xuño, o Departamento de Defensa dos Estados Unidos admitiu a existencia de 46 laboratorios biolóxicos na Ucraína en que se traballaba con patóxenos perigosos. Durante meses, os EUA atribuíron á propaganda rusa o achado de probas que parecían confirmar o desenvolvemento de programas biolóxicos con fins militares. Agora Washington é instado a cancelar o proxecto.

.

 

.

Tamén a China reclama que os Estados Unidos expliquen o papel e a capacidade deses laboratorios unha vez que o Pentágono, sorprendentemente, recoñecese a súa existencia, despois de ter pasado meses negándose a admitila,

No pasado mes de marzo foron encontrados documentos que apuntaban a operacións sensíbeis dos EUA en laboratorios da Ucraína ao mesmo tempo que se impedia Kiev facer declaracións públicas sobre as súas actividades conforme ao contrato asinado polos dous estados. Conforme a este documento, a Ucraína era obrigada a transferir os patóxenos perigosos ao Departamento de Defensa estadunidense para levar a cabo investigacións biolóxicas.

Os analistas que mostraron a súa preocupación pola existencia destes bio-laboratorios foron calificados de adeptos á teoría da conspiración e acusados de vomitar desinformación rusa.

Mais algúns comentarios da Adxunta á Secretaria de Estado, Vitoria Nuland, no mes de marzo, en que manifestaba temer que o material destes laboratorios “pudese caer en mans rusas”,  levantaron serias sospeitas sobre a existencia dun programa biolóxico,

O porta-voz do Ministerio de Exteriores chinés, Zhao Lijan, pediu na quinta-feira pasada que os EUA expliquen as súas  actividades e reclamou que deixen de se opor “ao establecemento dun mecanismo de verificación da Convención sobre Armas Biolóxicas”.

“Como dixen unha e outra vez, os  EUA realizan máis actividades bio-militares que ningún outro país no mundo e no entanto é o único estado que se opón ao establecemento dun mecanismo de inspección da Convención sobre Armas Biolóxicas”

“A comunidade internacional hai tempo que está preocupada. Recentemente, Rusia revelou novas actividades bio-militares na Ucraína, e deixou claro que os EUA violaran a Convención. Segundo está estipulado na BWC, os EUA son obrigados a fornecer esclarecementos sobre as alegacións rusas para que a comunidade internacional poda confiar na legalidade das súas actividades”, afirmou o porta-voz chinés.

Porén, os EUA negan que tivese levado a cabo experimentos con humanos como afirma Rusia, que denuncia as probas de patóxenos con pacientes do psiquiátrico de Kharkiv.

Xa anteriormente, os EUA tiñan sido acusados de utilizar armas biolóxicas contra países como Cuba. O propio Fidel Castro denunciou no seu día a introduciónna illa de cepas descoñecidas, creadas en laboratorio, da febre suína e o dengue, co obxectivo de provocar “o maior número posíbel de vítimas”..

Alan Winnington, antigo correspondente do Daily Worker, e Wilfred Burchett, xornalista australiano, foron acusados de traizón e os seus pasaportes foron cancelados despois de daren a coñecer a guerra biolóxica dos EUA en Corea na década de 50.

Apesar das insistentes negativas, unha Comisión Científica Internacional, liderada polo profesor da Universidade de Cambridge Joseph Needham chegou á conclusión de que tanto a China como a Corea do Norte tiñan sido obxectivo de armas bacteriolóxicas.

Morning Star