Con representación legal de Irídia, Víctor Serri querélase contra un axente da Brigada Mòbil dels Mossos d’Esquaddra por bater nel repetidamente coa porra e fracturarlle un dedo da man. Os feitos producíronse no pasado 29 de setembro, cando o coordenador da área de fotografia da Directa facía a cobertura informativa do Holi Festival, convocado para facer frente á homenaxe da plataforma Jusapol aos policías do 1º de Outubro.

 

Nun primeiro momento, a comezos de outubro, interpúxose unha primeira denuncia que foi desestimada apesar das numerosas evidencias e o abundante material probatorio aportado. Por esta negativa, agora presentouse unha segunda querela que como miimo obrigará a abrir a instrución do caso e tomar declaración ao denunciante, ao acusado e ás testemuñas, como preludio da decisión de enviar ou non o caso a xuizo.

O episodio tivo lugar na Vía Laietana de Barcelona, na altura da praza do Àngel, no pasado sábado 29 de setembro, cando os Comités de defensa de la República (CDR) e Arrán Jovent convocaron unha mobilización que inicialmente tiña de producirse na praza de Sant Jaume. O motivo era protestar contra a homenaxe que a plataforma policial Jusapol quería levar a cabo para honrar os axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) e a Garda Civil que participaran na Operación Copérnico, desenvolvida no Principat nos meses de setembro e outubro de 2017.

Dous delitos con agravantes

Sobre as once e media da mañá dalquel día, algunas persoas lanzaron pintura de cores en pó contra a liña policial que lles barraba o paso, parapetada diante de seis furgonetas que bloqueaban a calzada para evitar as antifascistas accederen diante do edificio da Prefectura Superior de Policía, de onde arrancaba a marcha españolista. Despois dunha primeira carga policial produciuse unha segunda acometida por parte dos Mossos durante a cal o fotoxornalista, que ía visibelmente identificado co brazalete laranxa de prensa embora non sexa obrigatorio levalo, resultou ferido.

No texto presentado no xulgado descríbese que “encanto o Sr. Serria continuaba preso entre a multitude e o cordón policial, o axente con NOP D602A1836, con plena consciencia de que se trataba dun xornalista e para evitar que continuase exercendo o seu traballo, bateu nel co bastón policial, con clara intención de o lesionar”. Posteriormente acrecéntase que, embora o fotoxornalista tentaba retirarse para atrás á vez de que dicía “son prensa”, o mesmo axente “bateu nel novamente propinándolle diversas pancadas”.

 

O texto presentado no xulgado describe que o axente con NOP D602A1836 “bateu nel co bastón policial e coa clara intención de o lesionar”

 

Apesar das dificultades de identificación que provoca o Número Operativo da Policía (NOP), código alfanumérico ubicado nas costas do uniforme dos antidisturbios dos Mossos que determina a unidade, a furgoneta e o rango do axente, este permitirá determinar o Cartón de Identificación Policial e dar co policía responsábel desta actuación.

A querela fai especial énfase no feito de o axente ter utilizado a porra cunha traxectoria de arriba a abaixo, “dirixindo o golpe directamente contra a man do Sr. Serri coa que seguraba a cámara de fotos, que continuaba tendo á altura da cara”. Este procedemento é irregular e contrario aos protocolos policiais, bater por riba da cintura e de forma vertical a terra cunha traxectoria de arriba a abaixo, motivo polo cal se pede que as lesións sexan consideradas por dolo e non por imprudencia, quer dicir, efectuadas con pleno coñecemento do risco implícito da acción, “coa única intención de causar o detrimento na saúde e integridade física” do agredido.

 

Como resultado dos diferentes golpes de porra, Víctor Serri tivo de ser atendido en primeira instancia no CUAP de Gràcia e posteriormente en traumatoloxía do Hospital de Sant Pau, onde lle certificaron unha fractura do dedo indicador da man dereita alén de contusións e hematomas nas costelas e na perna dereita

 

Como resultado dos diferentes golpes de porra, Víctor Serri tivo de ser atendido en primeira instancia no CUAP de Gràcia e posteriormente en traumatoloxía do Hospital de Sant Pau, onde lle certificaron unha fractura do dedo indicador da man dereita alén de contusións e hematomas nas costelas e na perna dereita. Estas lesións obrigáronno a estar un mes de baixa laboral afastado do seu traballo profesional, causándolle -entre outros- un prexuízo económico.

Por todo isto, tanto o denunciante como a súa representación legal consideran que os feitos con constitutivos dun delito de lesións con instrumento perigoso, co agravante de prevalencia de carácter público e abuso de superioridade, así como doutro delito cometido por funcionario público contra os dereitos individuais. Este último considerando que os Mossos d’Esquadra, máis unha vez, quixeron “impedir ao querelante que exercese o seu dereito de liberdade de prensa e de informar encadrado no dereito fundamental de liberdade de expresión e de información”, recoñecidos non só no artigo 20 da Constitución Española senón tamén la Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no Convenio Europeo de Dereitos Humanos e no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.

David Bou | @dvdbou

Directa