O traballo de varios medios internacionais confirma a implicación da axencia fronteiriza da UE na vulneración de dereitos humanos e fundamentais no mar Exeo durante os anos 2020 e 2021

 

Un bote salvavidas con refugiados llega a la isla griega de Lesbos, junto al bote patrullero de las tropas fronterizas británicas HMC Valiant, que forma parte de la misión Frontex, a 28 de febrero de 2020.
  Migrantes frente a illa de Lesbos – 28 de febreiro de 2020. europa press

Frontex, a axencia europea para o control de fronteiras e costas, estivo invoucrada nas devolucións en quente de polo menos 957 requerentes de asilo no mar Exeo entre marzo de 2020 e setembro de 2021, segundo unha nova investigación conxunta de Lighthouse Reports , Der Spiegel , SRF Rundschau , Republik eLe Monde.

A axencia europea de gardas de fronteiras rexistra na súa base de datos, JORA (Joint Operations Reporting Application), todas as súas operacións de “prevencións de saída”. En principio, isto seria que un país non membro da UE intercepta unha lancha pneumática e a devolve ás súas costas.

Os citados medios accederon aos datos de JORA e acharon 145 operacións de “prevencións de saída” na fronteira de Grecia con Turquía. No entanto, nun mínimo de 22 casos, que afectan 957 persoas, as versións da Turquía, testemuñas, ONG e fontes confidenciais contradin os feitos exposto pola Frontex e sinalan que foron casos de devolucións en quente.

Dúas fontes de Frontex afirmaron que as devolucións en quente son consignadas como casos de “prevención de saída”.

Un exemplo é o caso da embarcación en que viaxaba o afgán Aziz Berati, quen conta que a garda costeira grega o levou, a el e as persoas coas que viaxaba, de volta a aguas turcas sen ter examinado os seus pedidos de asilo. O que se coñece como unha devolución en quente, ou pushbacks. A Frontex, no entanto, recolle na súa base de datos este caso no grupo de “prevención de saída”.

A participación da Frontex estaría, no mínimo, en que son eles os que descobren os barcos e informan a Garda Costeira grega, á vez que non realizan a súa función de vixilancia para garantir que se cumpre a lei.

Alén desta investigación, dúas fontes da Frontex confirmaron aos xornalistas que as devolucións ilegais no Exeo terminan na base de datos de JORA como “prevención de saída”.

Frontex safou ben na investigación de Bruxelas

As denuncia de que a Frontex é cómplice de devolucións en quente e violacións de dereitos humanos e fundamentais non é nova. Mesmo o Parlamento Europeo tivo de pór en andamento unha comisión de investigación e escrutinio ao organismo para determinar a  súa implicación nos supostos pushbacks de requerentes de asilo nas fronteiras europeas.

Porén, despois de cinco reunións, o grupo deixou no ar a responsabilidade da Frontex na vulneración de dereitos fundamentais, apesar de ter recoñecido que o organismo tiña información de que forzas de seguranzas nacionais, como as gregas, incorreran en violacións de dereitos humanos e inacción da equipa europea.

Por agora, estas acusacións non custaron nada á axencia porque saiu de 2021, o seu ano máis convulso, máis reforzada ainda.. Durante o ano pasado axudou a deportar unhas 3.000 persoas máis do que en 2019. Con escasa transparencia e mínimo control parlamentar, chegará a ter 10.000 axentes en 2027 e recibirá até 12.800 millóns do orzamento comunitario.