No leste da Polonia, gardas da fronteira lanzaron gases lacrimoxéneos e cañóns de agua na pasada terza-feira contra centenares de requerentes de asilo que tentaban abrir camiño através dun valo de arame farpado erixido ao longo da fronteira entre a Polonia e a Bielorrusia. Algunhas das persoas refuxiadas responderon atirando paus, pedras e garrafas aos soldados, que levaban equipamento anti-motíns. Moitos dos migrantes levan semanas soportando temperaturas xeladas en acampamentos precarios coa esperanza de poderen chegar á Unión Europa para pedir asilo.

 

 

 

Na segunda-feira, a Uión Europa ameazou con impor novas sancións a Bielorrusia e acusou o país de encoraxar os migrantes a cruzaren á Polonia en represalia polas sancións que xa lle foron impostas anteriormente por reprimir os protestos en favor da democracia.

Democracy Now