O preso navarro, P.R., comezou no 11 de maio unha greve de fame e sede no centro prisional Murcia II. Segundo os datos ofrecidos por Euskadi Irratia, P.R. informou aos seus familiares, através dunha chamada telefónica, da súa intención de continuar co protesto. Destacaron que o preso de Txantrea recibiu ameazas por parte dos funcionarios da prisión

 

Patxi Ruiz

 

 

As ameazas e ataques sufridos por P.R. levárono a autolesionarse o 9 de maio como xa fixera o 31 de decembro de 2019. Aquel día foi levado á enfermaria, onde o médico tería recusado examinalo. Unha enfermeira fíxolle as primeiras curas e, cando o preso pediu un calmante para poder dormir, ela ofreceulle Transilium. P.R. pediu algún calmante máis suave e nesa altura interviu o médico para responder que non lle daria outra cousa e acrecentar que lle era indiferente o que lle acontecese. Ante esta actitude, P.R. pediulle o número de identificación, mais o médico, dirixíndose aos funcionarios presentes, limitouse a proferir unha frase ofensiva: “Llevaros a este mierda de aquí“.

Segundo o Movemento Pro Amnistía e contra a Represión, desde o inicio da greve P.R. non foi atendido por ningún médico. Si foi transferido de módulo por razóns, obviamente, non sanitarias.

Amnistia Ta Askatasuna iniciou unha campaña solidaria de envio de fax ao cárcere de Murcia en apoio a Patxi Ruiz.