Biosca explicou á xuíza que a personaxe do ‘senyor Bohigues’ caracterízase por ser un cuñado de barra de bar, mais que el persoalmente non compartilla necesariamente o comentario.

 

Eduard Biosca actor de el persontatje el "senyor Bohigues" de RAC1

 

Fontes xudiciais informaron que a declaración de Biosca baseouse en contextualizar quen é o ‘senyor Bohigues’, o empregado tagarela que o humorista interpreta no programa Versió RAC-1. O actor resaltou que a súa opinión non coincide coa do personaxe, polo que a causa penal debe, no seu xuízo, ser arquivada-

Sindicatos policiais quereláranse contra Biosca por mor dunha piada pronunciado polo ‘senyor Bohigues’. O programa comentou as queixas dos axentes despregados en Catalunya polo 1-O recollidas polo diario El País, entre as que destacaba a presenza de ratas nos barcos.

“En todos os barcos hai ratas”, comentou o presentador do programa, ao que o ‘senyor Bohigues’, rispostou, referíndose aos policías e os gardas civís: “As primeiras 10.000 ratas trouxéronnas desde Madrid, as importantes e as gordas”. Após as gargalladas do público do programa, os propios apresentadores pediron “non rir” a piada.

Á saída dos xulgados, Biosca explicou que, a preguntas da xuíza, respondeu que a suposta expresión inxuriosa non a pronunciou el, senón a súa personaxe. Así mesmo, indicou que a súa opinión persoal como Eduard Biosca exprésaa nas redes sociais mais non nos programas e obras de teatro onde interpreta a personaxes de ficción, e que en calquera caso non son inxurias.

A pena á que se expón Biosca se finalmente é procesado pode ser unha multa por inxuriar as forzas e corpos de seguranza do Estado. O letrado do actor, Sergi Blázquez, confiou en que unha vez Biosca compareceu ante a xuíza a causa acabe sendo arquivada.

Fonte: El Diario