A policía húngara ataca os grupos de migrantes que entran ao país cruzando a fronteira Serbia. Testemuñas denuncian a brutalidade coa que son tratadas as persoas que toman esta rota.

 

Migración | Hungría normaliza el maltrato sistemático de personas migrantes  en la frontera - El Salto - Edición GeneralPolicías húngaros rapan á forza e golpean ás persoas migrantes que chegan desde Serbia.

 

Nelson

 

Na quinta-feira 15 de setembro, a maioría dos membros do Parlamento Europeo (MEP) publicou un relatorio en que alertaban sobre a queda do Estado húngaro, a cargo do primeiro Ministro Viktor Orban, no “autoritarismo”, con “esforzos deliberados e sistemáticos” para atentar contra a democracia e os dereitos fundamentais. O comunicado de prensa, que contou co voto favorábel de 433 eurodeputados e 123 en contra, acende alarmas en asuntos como a liberdade relixiosa, a liberdade académica e a liberdade de asociación, ao mesmo tempo que advirte sobre os problemas que sofren os dereitos das minorías, dos migrantes e dos requerentes de asilo e refuxiados, entre outros colectivos.

En liña co argumentado e en base aos testemuños de violencia fronteiriza que rexistramos cada semana, Non Name Kitchen (NNK) conclúe que nos últimos tempos foron máis frecuentes, notorios e violentos os casos de pushback (devolucións en quente) por parte das forzas de seguranza húngaras contra as persoas migrantes. Por súa vez, destaca a adopción de mecanismos sistemáticos de humillación e brutalidade, que aprofundan aínda máis na grave violación dos Dereitos Humanos que pratica desde hai anos o goberno de Orban sob a ollada da Unión Europea.

Un grupo de mozos foi devolto de maneira violenta de Hungría a Serbia: obrigáronos a comer cigarros, rapáronlles á forza a cabeza, atiráronlles gas pementa á cara, roubáronlles os celulares e destruíronos.

Nun squat (edificio abandonado onde viven persoas en tránsito) situado na cidade de Horgos, grupos de dereitos humanos recompilaron testemuños de mozos que foron devoltos de maneira violenta de Hungría a Serbia,algúns deles dos que foran obrigados a comer cigarros e aos que raparan a cabeza. Segundo o que contaron, un mozo de 18 anos e outros tres de entre 18 e 30 anos foron detidos cerca da medianoite por un grupo de cinco axentes húngaros cubertos con máscaras de esquí. Non só os borifaron con gas pementa na cara e lles roubaron os celulares mais tamén roubaron as lentes a unha das vítimas. Despois apañaron o que había dentro das mochilas e despexaron sobre as cabezas dos migrantes, incluídas latas de atún e bebidas enerxizantes.

Cando achou unha máquina de barbear entre as pertenzas persoais dos migrantes, un dos axentes procedeu a raparlles a cabeza. A un deles en forma dunha cruz, como se pode ver nas imaxes publicadas por KliKaktiv. A outro mozo deixárolle unha crista. Antes de os empurraren para a fronteira serbia, deitáronos no chan e déronlle pancadas e pontapés na cabeza, costelas e panturrillas. Por causa  dos golpes, un deles sufriu fractura nunha das pernas.

Uns días despois, a equipa de NNK rexistrou novos testemuños en Sombor, outra localidade serbia próxima á fronteira húngara. Neste caso, tal como manifestaron as vítimas, unha vintena de sirios foron rodeados de noite por catro furgonetas e 16 axentes da policía húngara poucas horas despois de cruzaren a fronteira. Obrigáronos a axeonllarse no chan e asperxíronos con gas pementa. “Dous policías comezaron a bater en nós, o resto limitouse a observar. Agora non podo respirar, dóeme moito”, dixo unha das vítimas sinalando as marcas dos golpes recibidos por porras e pontapés nas costas e a cadeira. Ao finalizar a malleira, subíronos ás furgonetas e deixáronos en Serbia.

Dúas semanas antes, rexistramos outra situación de abuso policial, esta vez, contra un grupo de catro persoas entre as que había un pai co fillo. Como nos contaron, despois de pasaren a noite baixo unha choiva torrencial e perdidos nun dos bosques que separan Serbia da Hungría, as vítimas, desesperadas polo frío e as dificultades para continuaren a pé, achegáronse a unha estrada e o pai pediu axuda a catro policías uniformados que viu. Sen mediar palabra, un dos policías comezou a golpealo nos xeonllos e as pernas cunha porra. Outro fixo o mesmo co resto do grupo, dándolles puñadas na cabezas e no pescozo. Acto contínuo, obrigáronos a deixar os seus teléfonos no chan.

Daí a pouco chegou unha furgoneta con máis policías, cans e cunha vintena de persoas migrantes, entre elas cinco menores e catro mulleres. O pai contounos que, afectado por problemas de saúde nos pés, pediu asistencia para entrar na furgoneta mais un policía respondeulle dándolle unha forte pancada nas costas. Segundo o testemuño, unha vez dentro do vehículo, un policía sinalou os cans e díxolle: “Se tentas falar ou moverte, bótoche de comida aos cans”. Permaneceron quietos, en silencio e sen acceso a auga por varias horas até máis tarde os deixaren na fronteira serbia.

Noutra historia recompilada, os migrantes narran o acontecido en Kiszombor, unha cidade situada no suleste da Hungría. Durante as primeiras horas da mañá, un grupo de media ducia de persoas en movemento e outro mozo procedente da Siria foron interceptados en dous lugares diferentes por axentes de policía. Segundo o primeiro testemuño do grupo, que camiñara 22 horas baixo a choiva, varios axentes uniformados detivéronos na rúa e un deles esixiulles diñeiro. Como non o conseguiu, agarrou un dos teléfonos e mandouno  contra o chan. Finalmente, meteron as persoas en vehículos, para as levar á estación de policía.

Nun lugar próximo, cando cruzaba a ponte que atravesa o río Mures, un mozo procedente da Siria foi capturado por unha oficial de policía que ía acompañado por un home de civil. Despois de se recoñeceren ambos por unha devolución previa e de lle tomar fotografías coa súa smartphone, a axente obrigouno a entrar no vehículo e ameazouno: “Se voltas a tentarlo (cruzar o territorio húngaro), a próxima vez botámoste debaixo da ponte”.

As sete vítimas foron transferidasdas a un centro de detención, onde permaneceron un cinco horas encerradas nunha pequena cela onde había outras 25 persoas. Pediron auga e alimento mais a policía negouse a llos proporcionar. Finalmente, as máis de 30 persoas foron conducidas nun vehículo á fronteira e forzadas a cruzar a pé até a cidade de Horgos.

No final de agosto, un grupo de 20 persoas procedentes de Siria —quince delas adolescentes— foi interceptado perto do río Kis Sori Csatorna por dúas patrullas e catro oficiais uniformados. De acordo con o narrado por un dos mozos, a policía obrigounos a se abaixaren e comezou a darlles puñadas, pontapéss e golpes con bastóns e cunha rama de árbore. Despois revistaron as mochilas e destruíron os seus teléfonos móbeis e baterías externas. Tamén din que lles roubaron todo o diñeiro que levaban, un total aproximado de 1.200 euros.

 

Un mozo relataba como, cando esperaban que chegase a furgoneta que os levaría á fronteira serbia, os axentes camiñaban entre eles dándolles golpes: “Elixían unha persoa para espancar sen ningunha razón, era como un xogo para eles

 

A vítima lembra que,  esperaban que chegase a furgoneta que os levaría á fronteira serbia, os axentes camiñaban entre eles dándolles golpes: “Elixían a unha persoa para a espancaren sen ningunha razón, era como un xogo para eles”. Antes de seren obrigados a cruzar a fronteira, foron levados a unha sala pequena onde permaneceron detidos e onde os grabaron en video.

Unha madrugada de setembro, poucos metros antes de chegar á cidade húngara de Szeged, un grupo de catro sirios levantaron os brazos ao ouvir o chamado de cinco policías. Segundo o testemuño dun deles, despois de os borrifaren cun produto lacrimoxéneo, dous axentes comezaron a bater neles. E outra vez repetiuse o mecanismo: obrigáronos a sentar no chan e repartiron pontapés nas pernas e pancadas no torso en tanto os insultaban.

Colocados en fila e de costas, amarráronos polos pulsos con precintos e voltaron a golpealos despois de descubriren que varios membros do grupo de sirios escaparan antes de ser capturados. “Irmán, por favor, detente!”, dixo unha das vítimas ao axente, que respondeu con máis golpes: “Irmán non, irmán unha merda (Non brother, fuck brother)”. Unha furgoneta branca levounos á fronteira despois da malleira. Antes de marchar, unha vítima lembrou que un dos axentes o ameazou: “Si voltas a pasar, disparo contra ti”.

Estes son apenas algúns exemplos da brutalidade, humillación e a violencia fronteiriza que sofren a diario as persoas en movemento que tentan entrar na Europa através de Hungría. Outras voces que a equipa de Non Name Kitchen rexistrou no norte de Serbia falan de vehículos oficiais húngaros arrastrando as escaleiras que as persoas en movemento utilizan para cruzar a cerca de catro metros que separa ambos os países. Como resultado diso e en sintonía cos seus testemuños, poden observarse con moita frecuencia fracturas, lesións en xeonllos e nocellos, que coinciden coa queda desde altura, así como cortes profundos en mans e brazos, produto do arame farpado que recubre a cerca.

El Salto