Quince organizacións humanitarias pediran a creación dun grupo de traballo para debater o modelo de contencións mecánicas nos cárceres cataláns.

 

El parlament tomba una petició contra les contencions mecàniques

 

Baraza Curtichs

A comisión de xustiza do parlamento catalán recusou a creación dun grupo de traballo para debater as contencións mecánicas nas prisións catalás, unha práctica que, segundo denuncian diferentes organizacións, implica consecuencinas físicas e psicolóxicas. A proposta foi presentada por quince organizacións de defensa dos dereitos humanos, mais non prosperou. Junts per Catalunya, o PSC, Cs e Vox votaron en contra.

Segundo explican as organizacións nun comunicado, estaba previsto que o grupo de traballo estivese formado por especialistas, organizacións de dereito de ámbito nacional e internacional, persoas afectadas, representantes do departamento de Xustiza e a Sindicatura de Greuges. A proposta visaba avanzar cara un modelo de contencións cero e tería permitido facer a transición de modelo na administración prisional. “É preciso pensar en mecanismos alternativos ao uso das contencións coercitivas que podan ser implementados á maior brevidade e de forma consensuada”, explican.

 

 

Iñaki Rivera, director do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans (OSPDH),unha das organizacións asinantes do pedido, di que o ton da comisión foi lamentábel e que se impuxo o posicionamento da extrema dereita.”Compraron a versión de Vox”. Non lle chama a atención a dereita españolista. En troca, o de Junts -que dirixe Xustiza- si o sorprende: “Non podemos entender de maneira ningunha que os representantes do partido estivesen en contra”. Neste sentido, di que o bloqueo do grupo de traballo implicará que o diálogo coa consellaría resulte danado. Segundo explica Rivera, o principal obxectivo era abrir un espazo democrático para debater sobre o modelo das contencións mecánicas. As medidas non serían vinculantes,senón que se exporían conclusións e diferentes puntos de vista.

No parecer de Rivera, a lexislación catalá, no que as contencións di respecto, é fráxil: “Até o Sindic de Greuges pediu a súa suspensión. A consellaría obstaculizou a creación do grupo de traballo”. As contencións mecánicas foron abolidas en países como Italia. “Catalunya tiña a posibilidade de dar un salto. Hai tempo que loitamos polas contencións cero, e non abandonaremos o asunto”, comenta.

Rivera afirma que membros da Organización Mundial contra a Tortura acompañaron en directo a sesión, e que tamén lles sorprendeu que a intervención de Vox teña sido tan destacada.

VilaWeb