De xaneiro a novembro de 2021, as forzas de ocupación israelitas asasinaron 322 persoas na Cisxordania e a Faixa de Gaza. Dentre elas case 90 eran crianzas. No último dia do ano foi morto un home de 36 anos, pai de catro fillos, e as tropas sionistas feriron varias persoas.
..
.
No entroncamento de Hares, localidade de Qarawat Bani Hassan na provincia de Salfit na Cisxordania, Ameer Rayyan, de 36 anos, recibiu un impacto de bala na parte inferior do abdomen disparado, supostamente, por un colono israelita, informou o Ministerio de Saúde Palestino.
.
Por agora, o corpo de Rayyan, evacuado por unha ambulancia israelita, non foi entregado á familia. As forzas de ocupación tentaron nun primeiro momento ocultar o crime acusando Rayyan de ter tentado atacar militares israelitas cun coitelo.
.
No bairro de Al-Isawiya, en Xerusalén, outro mozo palestino foi ferido nun brazo por balas revestidas de goma, disparadas polas tropas israelitas durante unha batida en que tamén lanzaron gases lacrimoxéneos.
.
A estas vítimas temos de acrecentar ainda outros seis palestinos feridos e decenas de persoas asfixiadas por gases lacrimoxeneos nos confrontos semanais nas aldeas de Beita, Beit Dajan e Kafr Qaddum, no norte da Cisxordania ocupada.
.
En Kafr Qaddum, o saldo foi de cinco feridos por bolas de goma, incluído un neno de 14 anos, cando protestaban contra as actividades dos colonatos ilegais.
.
Outras 44 persoas sufriron asfixia por inhalación de gas durante os confrontos coas forzas de ocupación en Beit Dajan. Os confrontos fan parte das manifestacións que realiza a poboación palestina desde hai sete meses nesa rexión da Cisxordania, despois de Israel ter construído un colonato ilegal, Evaytar, nas proximidades do monte Jabal Sabih, próximo á súa aldea.
.
Segundo a Oficina da Organizacións das Nacións Unidas para a Coordenación de Asuntos Humanitarios, entre xaneiro e novembro de 2021, as tropas israelitas asasinaron 322 persoas nos territorios coupados da Cisxordania e a Faixa de Gaza.
.
Máis de 700.000 colonos israelitas viven en colonatos ilegais nos territorios do Xerusalén Oriental e a Cisxordania. A expansión destes colonatos triplicou desde a asinatura dos Acordos de Oslo en 1993.