Institucións Penitenciarias investiga unha nova morte nunha prisión de Málaga. Neste caso, o falecido foi un preso que estaba nun baño do cárcere de Archidona. O interno foi achado con cortes profundos nos ante-brazos. Ainda era vivo cando lle foi practicado un torniquete de urxencia e foi levado á área de Enfermaría para ser atendido polos servizos médicos, segundo informa a asociación Tu Abandono me Puede Matar. 

 

Os feitos aconteceron na pasada cuarta-feira por volta das 17:30 horas. Os funcionarios de servizo no módulo 4, ocupado por 109 internos que estaban no patio, observaron un grande barullo e acudiron ao baño. Alí toparon coa escena. Un dos presos estaba no chan con cortes graves. Despois dunha primeira atención no cárcere, foi conducido polo 061 ao hospital onde morreu pouco tempo despois. Á espera do resultado das investigacións, todo parece indicar que se trata dun suicidio, máis ainda se se teñen en conta as autolesións que previamente se inflixira este interno.

Tamén neste caso, son xa dúas as mortes en menos de dous meses. No caso anterior, foi durante o relevo de funcionarios e a contaxe de reclusos cando un dos traballadores descubriu que un interno do módulo 2 “non reaccionava á chamada, nin se incorporaba nin se movía”.

O colectivo Tu Abandono me Puede Matar lembra que hai xa un ano que ven denunciando “a falta de persoal tanto na área de Vixilancia como nos Servizos Médicos”. “A carencia de funcionarios de Interior provoca o encerramento de departamentos, o que resulta nunha masificación e sobrelotación que dificulta a adecuada clasificación interior e o control e supervisión dos internos; a falta de persoal sanitario impede o adecuado seguimento dos reclusos”, subliña.

33 muertos en 2020

Así mesmo, a asociación resalta que no que vai de ano xa morreron 33 internos nos cárceres españóis. “Apesar das denuncias de Tu Abandono me Puede Matar, o Ministerio de Interior continúa a olhar para outro lado”, denuncian. E entretanto, acrecentan, “continúan as agresións a traballadores prisionais”.

CELINA CLAVIJO

Málaga Hoy