Un interno foi achado morto onte na súa cela da prisión de Foncalet con aparentes sinais de esganamento.
.
.
.

Os feitos aconteceron na tarde da cuarta-feira, 19 de febreiro, no Módulo de Isolamento do establecemento prisional de Alacant. O funcionario de servizo descubriu un interno dentro da súa cela con sinais aparentes de esganamento, sen poder facer nada para o socorrrer.

A asociación Tu abandono me puede matar denuncia que a situación do cadro de persoal deste cárcere é alarmante. Os primeiros prexudicados pola carencia de efectivos suficientes son as persoas privadas de liberdade, cuxa integridade fisica e mental é posta en risco diariamente.

O Módulo de Isolamento foi reaberto hai pouco apesar de non dispor dun número míimo de funcioinarios requeridos para prestaren un servizo en condicións mínimas de seguranza. A ausencia dunha política responsábel de persoal comporta un risco adicional para os funcionarios e os internos pois, afirma o colectivo de funcionarios, a situación sería mellor se fosen atendidas as reclamacións da asociación.

Durante este ano os incidentes regimentais aumentaron nas prisións de Alacant e esta  morte é xa a segunda no que vai de ano. Este dato inflúe na produtividade vinculada ao rendimento e á calidade do servizo para o persoal directivo, recollida na orde de servizo asinada polo Subdirector Xeral de Recursos Huanos da SGIIP. Segundo a asociación, os criterios de eficacia e eficiencia nos servizos prisional incúmprense no cárcere de Alacant.

Alén diso, o TAMPM tamén critica a política de comunicación de Institucións Penitenciarias en que se transmite á opinión pública as diferentes opcións de tratamento e reinserción dos presos, en tanto non son adoptadas decisións fundamentais para velar pola súa vida e seguranza como seria cobir as 3.400 vagas e dotar o persoal da formación e medios adecuados.

Rosa Sánchez

Diario de Alicante