O director xeral de Dereito e de Entidades Xurídicas da Generalitat, Xavier Bernadí, o tenente de alcaldía do Concello de Barcelona, Albert Batlle, e o comisionado de Diálogo Intercultural e Pluralismo Relixión do consistorio, Khalid Ghali, asistiron á misa deste sábado á Sagrada Familia segundo adiantou RAC1. Desde o Concello explicaron que Batlle foi convidado polo Arcebispado de Barcelona e que o comisionado asiste a todos os actos de cariz relixioso a que é convidado

 

Sagrada Familia 1

 

O concelleiro de Dereitos de Cidadanía, Marc Serra, dixo nun primeiro momento que non lles constaba o acto, aínda que despois dixo que si que sabían que se facía mais non as características nin o aforamento. Segundo Serra, “entra dentro da normalidade” que haxa presenza do Concello, aínda que asegurou que non sabían o aforamento nin os pormenores da organización.

O concelleiro afirmou que teñen de ser “exemplares” e que iso é o que hai que pedir tamén ao Arcebispado de Barcelona. “A actos como o de onte teríase que pór un límite, un teito, para evitar encontros deste tipo”, declarou.

Sobre Batlle, apuntou que é unha das persoas que forma parte do Procicat e mostrouse convencido de que no cadro das súas competencias “fará o máximo para colaborar co Departamento de Saúde”. En todo caso, dixo que vale a pena “investigar a fondo” como se celebrou este acto. A misa reuniu unhas 600 persoas para a beatificación do xoven católico Joan Roig Diggle.

Por parte da consellaría de Xustiza asistiu tamén á cerimonia relixiosa Xavier Bernadí Gil, director xeral de Dret i d’Entitats Jurídiques.

O Govern abre expediente

O Procicat nega que autorizase esta misa. Pola súa banda, o vicepresidente en funcións de presidente, Pere Aragonès, foi categórico sobre este tema, en declaracións a Catalunya Ràdio: “Son máis de teatro que de misa. As imaxes de onte á Sagrada Familia, eu amoleime tanto ou máis que eles”, dixo en referencia ao mundo da cultura.

Por súa vez, o Procicat prevé a celebración de actos litúrxicos cun aforamento do 30% e Aragonès explica os motivos de por que se permite a liberdade de culto e non a cultura: “Non podemos fechar igrexas porque na Constitución española o dereito á relixión é fundamental e o dereito á cultura non”. O Govern abriu expediente.

El Nacional