El Ayuntamiento refuerza la seguridad durante las fiestas del Cristo
Axentes municipais durante o confinamento. – EFE.

 

O Tribunal Constitucional anulou na pasada cuarta feira, por unha maioría axustada de seis votos contra cinco, o confinamento domiciliar, que incluía o decreto do primeiro estado de alarma aprobado polo Goberno, unha decisión que, á espera de coñecermos os argumentos, deixa no ar las multas impostas durante ese periodo.

Despois dun intenso debate que se prolongou durante dous plenos, un tribunal de garantías moi dividido aceptou parcialmente o recurso de Vox  e declarou inconstitucionais varios preceitos do real decreto do 14 de marzo do ano pasado co que o Executivo de Pedro Sánchez implantou o estado de alarma para combater a pandemia do coronavirus, segundo informou o TC nun comunicado.

A sentenza, cuxos argumentos serán coñecidos nos próximos días, sementa dúbidas sobre as multas impostas na primavera de 2020 por violar o confinamento. Unhas sancións que, segundo informan a EFE fontes xurídicas, poderían ser anuladas despois do correspondente procedemento de reclamación.

No entanto, segundo as fontes, a resolución exclúe a posíbel responsabilidade patrimonial do Estado, pois a sentenza entende que os cidadáns tiñan o deber xurídico de soportar as medidas decretadas nese primeiro estado de alarma e que a inconstitucionalidade decretada en principio non sería título suficiente para fundamentar unha reclamación patrimonial xunto da administración.

Segundo o TC, o Goberno debeu recorrer ao estado de excepción

O TC non cuestiona as medidas anuladas, senón o instrumento utilizado polo Goberno para as implantar ao entender que o estado de alarma non permite unha suspensión xeneralizada de dereitos fundamentais e que debería ter acudido ao estado de excepción, suxeito a un maior control parlamentar, dado que debe ser autorizado previamente polo Congreso dos Deputados.

Tamén declara inconstitucional a habilitación ao ministro de Sanidade para ‘modificar’ ou ‘ampliar’ as medidas de contención no ámbito da actividade comercial, cultural, establecementos e actividades recreativas, actividades de hostelaria e restauración, e outras adicionais.

Agencias / Públic