Hoxe, 12 de febreiro às 20:00 acaba o prazo para Pablo Hasél entrar voluntariamente no cárcere. O rapeiro xa anunciou que non o fará e que se queren que entre na prisión terán de o ‘secuestrar’. Mais antes de que chegue esse momento, Hasél lanzou a súa ultima composición en defensa da liberdade de expresión e de información pois “sen elas non hai democracia”.  E non esquece citar Felipe VI, Corina, Leticia Bótox, a Garda Civil, o “mal chamado goberno progresista”, Vox…