Honorio Gómez, máis coñecido como Pope, leva anos loitando pola mellora das condicións médicas nos cárceres do estado español.

 

Resultado de imagen de honorio gomez pope

 

 

No ano 2018 morreron 210 persoas no Reino de España en canto cumprían condena en prisión e, no ano pasado, o relatorio do Mecanismo Nacional para a Prevención da Tortura reflectía 158 falecementos, cifra que continuou a aumentar nas últimas semanas do ano. Embora as causas das mortes sexan diversas, un dos factores que é imposíbel obviar é a sanidade, ou a falta dela.

Honorio Gómez, coa alcuña cariñosa de Pope, de ideias libertarias e espírito revolucionario, leva anos mobilizado tanto dentro como fora das prisión para denunciar as violacións dos dereitos humanos e esixir que estes sexan garantidos ás persoas presas no estado español, sobretodo no ámbito sanitario, onde el máis procura incidir.

Marchou de casa aos 9 anos e nese momento comezou unha vida que pasou entre a liberdade e o cativerio: Honorio pasou 25 anos e tres días na cadea. Nos fins de 2014, Pope acabou de cumprir a condena.

“En 1985 fixen 16 anos e iso xa me daba a maioría de idade penal. Estive na prisión de Albacete nun módulo con xente adulta, xa que non teñen módulo para menores. Despois en Madrid, en 1987, comezaron as revoltas estudantís, participei en varias accións e sentenciáronme. Entrei nun círculo vicioso: foxes da xustiza e onde te moves é sempre clandestino e o clandestino é ilegal. Cada vez que te moves, saltas unha chea de leis e para sobrevivires por veces tes de cometer delitos”.

 

“Na clandestinidade non podía ir ao médico, utilizaba morfina e heroína para as dores”.

 

Despois de cumprir a pena voltou ao seu Albacete natal e foi vivir nunha parroquia chamada Sierra onde, con Inmaculada, a súa parella, atende un bar, que é tamén o único negocio da aldea. No salón da casa, habitado por gatos de todas as idades e cores, Pope ten un enorme saco cheo de papéis, é o arquivo de todos os rexistros burocráticos aos que recorreu para recibir atención médica durante os anos que estivo preso. As mans de Pope mergullan entre denuncia ás institucións estatais, constancias de greves de fame, comunicados de Dereitos Humanos e un cento máis de papéis de todo tipo de confitos legais.

 

1581430249263-sin-titulo-4

 

“En 1987, no cárcere de Carabanchel, comecei a ter dores. Fixéronme probas e viron que tiña cálculos renais e sain en liberdade. Na clandestinidade non podía ir ao médico, utilizaba morfina e heroína para as dores, é un opiáceo e non tiña máis nada. Comecei a pasar longos períodos en prisión e a pedra creceu. Producíame cólicas, vivía 24 horas por día con dores. Dábanme morfina e había momentos en que xa non me facía efecto. A dor era inmensa e atacaba o sistema nervoso”, explica.

“Despois viñeron os problemas de Hepatite C”, continúa, “afectaron o fígado e este deteriorouse até me encontrar na fase tres. O Sovaldil é un medicamento carísimo que realmente necesitaba, era o que me garantía vivir ou morrrer. Ano após ano ía a peor, cheguei a pesar 37 kgs., hoxe peso 65. Con 51 anos, estou mellor que cando tiña 20, vinme con 30 anos curvado como se fose un ancián.”

 

“Continuei a protestar e cada vez que tiña pendente unha cirurxía, misteriosamente era transferido por razóns de seguranza”

A única vez que Pope foi operado estando preso, foi do apéndice, despois de 48 horas de inmensa dor. A seguinte operación foi estando en liberdade, ocasionada por unha doenza chamada Dupuytren, en que se retraen os tendóns.

“Contei aos médicos de prisión a doenza que tiña e viron que era preciso operar. En Herrera de la Mancha, insistin para ser operado e nunca chegou a aprobarse. Isto ía a peor, eu son artesán e necesito traballar coas mans. Continuei a protestar e cada vez que tiña pendente unha cirurgía, misteriosamente era transferido por razóns de seguranza”.

 

1581430448568-sin-titulo-11

Despois de moitas denuncias, en 2014 en Sevilla, médicos do hospital Universitario Virgen del Rocío interesáronse polo seu caso. A doenza avanzara tanto que cando os médicos interviron apenas tiñan un recurso: amputaren o dedo. Tal como explica Pop, a amputación era para el un grave problema, xa que é artesán.

No pátio das traseiras da súa casa, territorio do seu porco Lui, Pope ten un pequeno forno para cociñar a cerámica que fabrica no ático, coñecemento que ten a oportunidade de partillar cando imparte os ocasionais obradoiros a xovens.

 

“A única ferramenta de defensa que te resta no cárcere é a greve de fame”

 

Pope, que se considera un preso reivindicativo, esixiu ser atendido, cando as demandas non foron efectivas, como acontece a moitos outros presos, viu necesario recorrer en varias ocasións á greve de fame.

“A única ferramenta de defensa que te resta no cárcere é a greve de fame. Cada vez que iniciaba unha greve, distribuía escritos a  Dereitos Humanos, á Coordenadora para a Prevención da Tortura e ao Comité Europeo para a Prevención da Tortura e os Tratos  Degradantes. Através das greves de fame e as denuncias, conseguin pór algúns á luz e que se lles prestase un chisco de atención”.

Este método é empregado amiúde no Reino de España por persoas presas que defenden os seus dereitos. No pasado setembro comezou unha greve de fame rotativa, en que os presos de diferentes cadeas do estado, organízanse en turnos de 10 días para esixiren a excarceración de persoas con doenzas graves.

Pope tamén se ocupa dos casos dalgúns dos seus compañeiros. “Fago o seguimento de algúns presos que son compañeiros, o que chegaron a selo ao longo dos anos. Tamén vou con grupos de apoio ás prisións e dou conferencias para explicar as condicións en que están vivindo tanto persoas doentes como non doentes”.

 

1581430506523-sin-titulo-9

 

Familiares e colectivos marcan encontros nos cárceres onde se leva a cabo unha greve, para animar e mostrar a súa solidariedade coa persoa que está dentro. É o caso de Noelia Acedo, que nos finais de setembro, rodeada do seu colectivo e familiares, falaba cun megáfono fora do penal de Picassent en València.

Deste mesmo penal saiu o seu irmao Luís en 2014, dous meses e medio despois morrreu de cancro de pancreas. Na cadea non fora tratado. “En dus meses perdeu 30 kgs., tiña dores que non o deixaban andar. Continuaba levando unha vida de preso normal, tiña que se erguer pola mañá, baixar a almorzar e os compañeiros tiñan de o axudar”, conta Noelia.

Após a súa perda, Noelia e a nai fundaron a a sociación Familias Frente á Crueldade Carceraria através da cal fan diversas accións en apoio a persoas presas e, como Pope, dan a coñecer a situación enque se encontra a institución prisional e acompañan as familias. “Para nós é fundamental o apoio das familias”, afirma Noelia, “ti xa pasache por onde esa persoa está pasando. Non é o mesmo, se o meu irmao tivese morrido dunha doenza, que morreu dunha doenza, mais cando hai tanta violencia por medio, as familias transtórnanse, fican arrasadas. É unha impotencia moi grande de non teren podido facer nada.”

 

“Cando hai tanta violencia por medio, as familias transtórnanse, fican arrasadas”

Pope, como Noelia,aproveita para tamén tornar visíbel que con frecuencia a sanidade é utilizada polos funcionarios prisionais como método de control.

“Cando polas miñas doenzas eu tocaba o timbre ou batía na porta para que viñese o carcereiro e me levase á enfermaría, este ameazábame. O feito de os acordares pola noite irríataos como non imaxinas. Os presos en loita son maioritariamente persoas que levan moitos anos en prisión, case todos están en confinamento solitario precisamente por rebeldes e por denunciar. No momento en que denuncias, vas pr’o isolamento directamente, como se foses un can perigoso.”.

Miguel Velasco e Pau González

Imaxes: Pau Gonzáles

Vice