Luís García foi o instrutor da causa pola denuncia de torturas de Igor Portu e Mattin Sarasola, que se xulgou na Audiencia de Gipuzkoa e que en primeira instancia se saldou con catro gardas civís condenados por torturas. Un ano despois, o TS tombou a sentenza e absolveu os catro axentes. Na resolución criticaba o xuíz Iñaki Subijana por dar máis credibilidade aos forenses da Audiencia de Gipuzkoa que aos peritos da defensa, que xamais viran os dous lesakarras, ao non ser en fotografía, e aos forenses da Audiencia Nacional.

 

El diario y el juez instructor del asunto, que aquí suscribe, que además fue reprendido por el ponente de la sentencia de la Sala Segunda, Sr. Soriano, felizmente jubilado, en plena resolución.
No digo lo que me parece esto porque me sancionarían. https://twitter.com/cyarnoz/status/963381171970281473 

 

Agora, unha vez que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou o Reino de España, o xuíz instrutor lembrou que el tamén foi reprendido polo relator da sentenza, o maxistrado José Ramón Soriano.

Na sentenza absolutoria do Supremo, o relator chamaba a atención porque «nin ao instrutor nin ás acusacións lles ocorreu interesar unha inspección ocular ou reconstrución de feitos, ante as discordancias e incerteza acerca de se o río existe», en referencia á regata á que foi levado Portu e onde foi sometido a un afogamento simulado.