A organización sindical Médicos da Galiza Independentes, O’Mega, denuncia a morte dun paciente octoxenario nun corredor do servizo de urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) na pasada quinta feira.

Técnicos dos servizos das urxencias sanitarias da Galiza traballan ás portas do Hospital Clínico de Santiago (Arxina).Técnicos dos servizos das urxencias sanitarias da Galiza traballan ás portas do Hospital Clínico de Compostela.

No último ano e medio dúas persoas máis faleceron cando esperaban asistencia sanitaria fóra dun centro hospitalario. En agosto de 2018 un home de 65 anos morreu no Punto de Atención Continuada da Estrada ao non poder recibir atención médica porque o único facultativo do PAC saíra para atender unha emerxencia.
.
Este episodio motivou o acordo dos grupos da oposición no Parlamento da Galiza para solicitar a abertura dunha comisión de investigación que avaliase os efectos dos cortes sanitarios durante o Goberno do Núñez Feixoo. Malia o intento de veto por parte do Partido Popular, a Cámara galega chegou a acoller unha comisión paralela de Sanidade na sala de reunións de En Marea. Alí tomaron a palabra a familia do falecido mais profesionais da sanidade pública, nomeadamente dos PAC, para denunciar a falta de recursos que “acaba expulsando os profesionais do sistema” e a precariedade dos centros de Atención Primaria, de onde proceden a maior parte dos casos que atenden.
.
No pasado mes de outubro, outra persoa faleceu en Dozón en tanto esperaba polos servizos médicos de urxencias. O 061 admitiu que unha ambulancia tardou “46 minutos” en chegar ao lugar do aviso desde que se rexistrou a primeira das dúas chamadas que recibiron. Para informar dunha posíbel intoxicación etílica, de inicio, e de que a persoa estaba “inconsciente” ao cabo de “15 minutos”.
.
Nese momento, explicaron fontes do 061, os dous vehículos de asistencia sanitaria disponíbeis na zona estaban atendendo sendas emerxencias. Para cando chegou unha das ambulancias, o home xa falecera.
.
Outras esperas tráxicas que poñen o foco nos cortes
“Ano tras ano temos o servizo colapsado. E non aumenta tanto o número de casos como a complicación dos mesmos, cunha poboación cada vez máis envellecida e pluripatolóxica”, engaden, “non recuperábeis cando chegan a urxencias, e con todo o dereito a morrer nas mellores circuns-tancias”.
.
Queixa ante a Valedora
Concorda coa comunidade médica a Asociación de Pacientes do CHUS, farta de denunciar a saturación das urxencias e a espera das doentes fóra das zonas de traballo do servizo.
.
“Os pacientes non poden estar nos corredores. En tanto estean aí, o risco de morreren fóra dun lugar apropiado e nun ámbito da privacidade rodeados dos seus achegados, continuará”, asegura Fernando Abraldes, en declaracións a Nós Diario. “Estamos ante un problema de falta de medios, dunha planificación tardía e ineficaz dos recursos que deriva en corredores ateigados”.
.
Unha práctica, di, que a xerencia non admite como incorrecta, “cando atenta contra os dereitos fundamentais das persoas, a morrer con dignidade”. Por iso, avanza, as usuarias do CHUS ultiman unha queixa ante a valedora do pobo. “É urxente que alguén interveña desde fóra”, conclúe.
.
Desde a delegación sindical da CIG no Hospital Clínico de Santiago, Xosé Manuel Marcote mantén que as urxencias do centro non dan absorbido tanta demanda como teñen. “Non só polas carencias do propio servizo, senón polos cortes acumulados en medicina interna, en paliativos ou no número de camas disponíbeis”, afirma.
.