Fernando Blanco Arce, en nome e representación de EsCULcA, presentou no pasado 2 de abril Queixa ao Defensor del Pueblo polo imprevisto translado de A.M.C.B., interno en Teixeiro, ao cárcere de Mansilla de las Mulas (León) despois de ter sido atendido de urxencia nos hospitais de Compostela e Coruña. Un translado de penal que afasta A.M.C.B. da familia e do servizo de medicina psiquiátrica que o examinou no hospital da Coruña.

 

Resultado de imagem para defensor del pueblo madrid

Antecedentes

A.M.C.B., que levaba tempo reclamando atención médica especializada dada a súa grave situación psiquiátrica, padecía na cadea de Teixeiro condicións de reclusión en extremo penosas que contribuían a empeorar o seu estado de saúde.

Apesar de estar incluído no programa de prevención de suicidios e mostrar tendencia a autolesionarse, A.M.C.B. non foi examinado por profesionais de psicoloxía ou psiquiatria durante a súa estadía no penal de Teixeiro e, ainda que se encontraba suxeito legalmente ao réxime de vida establecido no art. 91.2 RP,  só lle era permitido desfrutar dunha hora de paseo ao día, o que supuña na práctica aplicarlle unha situación reximental máis restritiva (a contemplada nos arts. 75 ou 72 RP) que a que a el lle correspondía.

A esta xa grave situación cumpre ainda acrecentar o feito de, durante as 23 horas que debía permanecer encerrado, A.M.C.B. estar obrigado a permanecer recluido na enfermaría nun cubículo acristalado transparente, sen contacto con outros presos. Unha situación que provocaba no interno un estado de permanente alteración que o levaba con frecuencia a producirse lesións.

Un translado prexudicial

É neste contexto tan desfavorábel para a súa saúde que na segunda quincena de marzo A.M.C.B. é ingresado de urxencia no Hospital de Compostela e de alí transferido posteriormente para a Unidade de Psiquiatría do Hospital da Coruña. Nesta Unidade recibe finalmente a atención especializada tanto tempo requerida.

Mais, paradoxalmente, cuando por fin accede ao tratamento médico que viña reclamando, A.M.C.B. é transferido de imprevisto para o penal de Mansilla de las Mulas sem que conste a este observatorio razón algunha que puidese ter motivado decisión tan prexudicial para a súa saúde e as súas relacións familiares.

Por esta razón, o avogado de EsCULcA demanda agora ao Defensor del Pueblo incoe con carácter inmediato Queixa para averiguar os feitos, que acorde entrevista persoal co penado e que solicite a historia clínica da súa recente asistencia na Sanidade Pública Galega.

Queixa ao Defensor del Pueblo