No todo foron presentadas 31.120 peticións, unha cifra que duplica a do ano anterior. Actualmente nas dependencias do Estado acumúlanse por volta de 40.000 demandas pendentes de resolver.

 

Acción no remate da  manifestación “Queremos acoller”, en que se tentou representar a amaraxe dunha embarcación con persoas refuxiadas (01/2017) que va intentar
– Miguel Lopez Mallach

 

O estado español só concedeu unha de cada tres solicitudes de asilo que recibiu no ano 2017. Segundo datos de Eurostat arrecadados pola Comissió Catalana d’Ajuda al Refugiat (CCAR), “dun total de 13.350 resolucións foron concedidos apenas 595 estatutos de refuxiado, 4.080 recoñecementos de protección subsidiaria e ningún por razóns humanitarias”. Estas cifras supoñen unha percentaxe do 35% de aceptacións, dez puntos menos que a media europea.

Os datos do 2017 sinalan que o estado español ofreceu protección á metade das persoas que no ano anterior. Segundo a CCAR, “nomeadamente porque se resolveron moitos menos expedientes de persoas procedentes da Siria”. Entre as persoas que recibiron protección, os datos varían segundo os países de procedencia: encanto as persoas sirias reciben proteccion nun 95% dos casos, as ucraínas fanno nun 9% e as venezuelanas apenas nun 1%.

 

Embora no ano pasado se resolveron à volta de 14.000 demandas, o total de peticións situouse ao redor das 30.000 -o duplo que no ano 2016- un feito que supón “un record“.
A CCAR tamén salienta a cifra de solicitudes que están pendentes de tramitación. Embora no ano pasado se resolveron à volta de 14.000 demandas, o total de peticións situouse ao redor das 30.000 -o duplo que no ano 2016- un feito que supón “un record”. O aumento explícase polo aumento de solicitudes de persoas procedentes da Venezuela “que se triplicaron”, e Colombia. Tamén por máis demandas no punto fronteirizo do aeroporto de Barajas (Madrid), nomeadamente de persoas procedentes da Palestina.

Actualmente, nas dependencias do Estado acumúlanse 38.880 solicitudes pendentes de resolución e a organizaicón denuncia que o tempo de espera para formaizar as peticións de asilo pode chegar a ser de seis meses ou máis. “Despois de meses ou anos de incerteza, millares de persoas son enviadas á irregularidade ao serlles negado o asilo; o Estado falla a estas persoas”, denuncia Miguel Pajares, presidente da CCAR.

Como punto positivo da contaxe anual, a CCAR destaca que durante o 2017 “aumentaron lixeiramente as concesións de estatuto de refuxiado, principalmente a persoas procedentes da Palestina, a Eritrea e o Marrocos”. “Procedentes deste último país debido sobretodo ás solicitudes de persoas LGBT”, conclúen.

Fonte: La Directa