Contra a criminalización da disidencia: SOLIDARIEDADE

 

Imagem

.

Xanma é un veciño desta comarca. Unha persoa cercana para as que escribimos. Un compañeiro que agora está privado de liberdade, na prisión de Soto del Real. Cúmprense hoxe 7 meses. Acusado aínda non sabemos de que.

7 meses coa causa baixo segredo de sumario na Audiencia Nacional, institución herdeira do Tribunal de Orden Publico franquista, creado para perseguir “delitos políticos”.

Dadas as circunstancias da súa detención e o que saiu na prensa supoñemos que a acusación pode ser por axudar a dúas persoas que estaban fuxidas, escapadas da lei. Sobre estas persoas pesan acusacións relacionadas co que chaman “Resistencia Galega”.

.
Foron detidas tamén no mesmo momento que o noso amigo, e tamén outro rapaz.
.
Resistencia Galega é o nome que a policía e a prensa empresarial lle deron a unha suposta “Organización Terrorista”. Esta organización sería a responsable dunha serie de ataques dirixidos contra infraestructuras da Administración e de grandes empresas, que aconteceron en Galicia entre o 2005 e o 2014. Nestas sabotaxes non houbo vítimas persoais nen feridxs. Desde o 2013 o sistema xudicial asumiu tamén esta etiqueta de “Organización Terrorista”, o que fai que calquera persoa que sexa detida dentro do mesmo proceso, independentemente dos delitos dos que se lle acuse, xa está exposta a medidas legais de excepción: incremento das penas por pertenza ou colaboración con esta “Organización”, rexímes penitenciarios especialmente sangrantes (como alonxamento do domicilio, aillamento, e prisión preventiva de ata 4 anos sen xuízo…)
.
O noso amigo, igual que as outras 3 persoas detidas en xuño, xa leva 7 meses preso en rexime especial (FIES), a 600 km dxs súas fillxs, amigxs, familiares e veciñxs sen sequera coñecer a acusación.
.
Até o de agora non fixemos moito por dar a coñecer este tema, por desencaixe ante a situación, por estar concentradas no apoio, e por certo medo a interferir no proceso coa esperanza de que todo se resolvera pronto.
Pero pasou xa máis de medio ano e non aturamos máis silencio.
.
Vémonos na necesidade de difundir canto poidamos a súa situación e mobilizar os recursos que sexamos quen para presionar ás autoridades para que o devolvan á rúa.
.
Querémolo sacar de aí.
.
Dende o 2005 máis dunha ducia de persoas pasaron polo cárcere no marco deste proceso, e o mesmo tribunal ten actualmente abertas causas contra organizacións independentistas (Causa Galiza e Ceivar) por “enaltecimento do terrorismo”, solicitando a súa ilegalización e a paralización das súas actividades.
.
Isto non é novo, nos anos 70 o franquismo, da man de Fraga, creou o GODSA (Gabinete de Orientación y Documentación), para a creación de opinión pública a traves de escritos dirixidos á prensa e firmados por politicos e xornalistas que cedían a sua sinatura a cambio de aparecer na escena pública. Coa intención de facer presión mediática contra o “separatismo” e “republicanismo” que ameazaba a sucesión do establishment franquista na monarquía actual. O GODSA acabaría integrándose durante a “Transacción Democrática” en Alianza Popular (máis tarde o PP) e no CESID (servizos secretos, máis tarde CNI), dos que participan guardias civiles e militares, como o ferrolano Arturo Fernandez de Mesa, director da Garda Civil cando se concebiu esta montaxe político policial… Todo atado e ben atado.
.
Pero para nós, pola contra, o problema da violencia que vemos ao noso redor non ten que ver con ningunha suposta “Organización Terrorista” – da que ademais non se ten coñecemento de que ocasionara ningunha persoa ferida (!). Ten que ver máis ben cos asasinatos de mulleres e o machismo xeralizado, coa explotación laboral, coa destrucción do ecosistema e das formas de vida autoxestionadas e tradicionais; coa marxinación, represión e narcotización dxs que non se adaptan (vellxs, tolxs, enfermxs, nenxs, trans, persoas non brancas, disidentes…); co emprego dos nosos impostos para saquear outros países, coa venda de armas que alimenta xenocidios noutras latitudes…
.
A violencia que nos preocupa ten que ver máis ben co normal funcionamento do Estado e do Sistema Capitalista. Coa cultura branca colonizadora, cos seus valores patriarcais e antropocéntricos, o seu culto tecnolóxico, e as súas institucións represivas.
.
Na Galiza a única organización política que leva por diante vítimas persoais é o Estado e as súas institucións. Que excusándose nun terrorismo ficticio empregan a violencia, o encerro e o medo como unha ferramenta de control dunha disidencia política que supón un obstáculo para a súa rendabilidade cega; mentres por outro lado protexen aos grandes responsables da Violencia con maiúsculas. E de paso dan traballo a unha policía historicamente sobredimensionada.
.
“Primeim viñeron a polxs xudeus, e eu non dixen nada porque non son xudeu.
Despois viñeron a polxs comunistas, e eu non dixen nada porque non son comunista.
Despois viñeron a polxs sindicalistas, e eu non dixen nada porque non son
sindicalista.
E agora veñen a por min e xa non queda ninguén que diga algo por min. ”
.
…que non nos pase o mesmo.
.