A Xerencia da Área de Seguranza e Prevención de Barcelona recoñece que “a folla de especificacións técnicas non respecta o principio de concorrencia nin de neutralidade tecnolóxica” ao facer referencia explicita, e beneficiar así, empresa Avigilon-Motorola, incluída na listaxe de empresas involucradas na ocupación ilegal da Cisxordania e Xerusalén Leste, según a ONU.

Unha das cámeras actualmente instaladas no centre de Barcelona / VICTOR SERRI

 

O concello de Brcelona anulou a licitación de trece cámaras de alta resolución do sistema Secur Cities que ían ser instaladas antes do 31 de decembro de 2020 nas Ramblas, na Via Laietana e Drassanes (distrito da Ciutat Vella). A folla de especificacións técnicas, do 15 de abril de 2020, facía referencia explícita a diversos modelo de cámaras e a un software avanzado de recoñecemento facial da marca  Avigilon-Motorola, e foi precisamente esta circunstancia a que desencadeou a queda da licitación -a que se presentaran nove empresas instaladoras-, que agora vai ser redactada e publicada novamente.

 

Unha resolución afirma que “a folla de especificacións técnicas non respecta o principio de concorrencia nin o de neutralidade tecnolóxica ao provocar unha situación de cautividade técnica”

 

Capacidade de recoñecemento facial

A folla de especificacións técnicas que foi o motivo da anulación incorporava un anexo co orzamento debullado en que se pormenorizaban as verbas concretas dun total de 179.665 euros. No punto 2 do primeiro capítulo, intitulado “Equipamento de CCTV”, dicíase que compriría comprar un “sistema de gravación do tipo Avigilon HD-NVR4-PRM-96TB-EU. similar ou superior. Inclúese o concurso para a posta en andamento das trece cámaras da fase do proxecto” que se valora en 27.063 €.

 

A intelixencia artificial permitirá cruzar os padróns faciais e corporais dunha fotografía previa coas características das persoas que circularen diante das cámaras

 

Segundo a propia empresa Avigilon-Motorola, o sistema de gravación é un dos catro da gamma alta NVR4 Premium que ofrece a compañía, un tipo de grabadora de vídeo en rede de última xerazón que incorpora de serie “o software Avigilon Control Center e a tecnoloxía Avigilon Appearance Search pre-intalados e configurados para a grabación”. Alías, todas as cámaras IP (da familia H4 de Avigilon) con sistema ONVIF licitadas na folla eran compatíbeis coa tecnoloxía Avigilon Appearance Search.

E que se podería facer coa tecnoloxía Avigilon Appearance Search desde o centro de control? Detectar comportamentos sospeitosos (por exemplo se unha persoa coloca un obxecto no chan e marcha do lugar), facer buscas a partir de características como a cor dunha peza de roupa ou a cor do cabelo, e localizar persoas ou vehículos de interese mediante fotografías ou números de matricula. Tal como se explica pormenorizadamente nos tutoriais, a intelixencia artificial que pretendía licitar o Concello de Barcelona permitiría cruzar os padróns faciais (mediante a funcionalidade face analytics) e corporais dunha fotografía previamente subida no sistema coas características das persoas que circularen por diante das cámaras.

Controvertida presenza d’Avigilon-Motorola na Palestina

Ora, alén das características técnicas e as capacidades de análise do sistema de vídeo-vixilancia, un dos aspectos que máis sorprenden da licitación é que se fai referencia explícita á marca Avigilon-Motorola como a mellor para as necesidades do concello. Caso o resultado da licitación tivese confirmado esta marca como contractista ou subcontratista, tería aberto unha nova batalla administrativa ou xurídica, xa que na folla administrativa do concurso público estaba incluída unha cláusula no ámbito dos dereitos humanos que dicía textualmente que a empresa adxudicataria tería de confirmar que “non realiza operacións que vulneren o que estipula a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada e proclamada pola 183a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas, así como ningún tratado ou resolución internacional subscrita ou vinculante polo estado español relativa ao Sistema Universal de Protección dos Dereitos Humanos” ou “non intervise en operacións con terceiros operadores que vulneren o que estipula a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada e proclamada pola 183a Asemblea Xeral da Organizacións das Nacións Unidas, así como tampouco ningún tratado ou resolución internacional subscrita ou vinculante para o Estado español relativa ao Sistema Universal de Protección dos Dereitos Humanos”.

Acontece que Motorola aparece na última actualización da lista de empresas involucradas na ocupación ilegal da Cisxordania e Xerusalén Leste, elaborada polo Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, de 20 de marzo de 2020. Concretamente, a ONU acusa Motorola do “fornecer equipamento de vixilancia e identificación para os colonatos, o muro e os puntos de control directamente vinculado cos colonatos”.

JESÚS RODRÍGUEZ

La directa