La portada de la cuenta de 'Tácito' en Twitter, encabezada por la misma serpiente que el coronel Daniel Baena emplea en su cuenta personal de Facebook (derecha), cerrada a cal y canto.A primeria páxina da conta de ‘Tácito’ no Twitter, encabezada pola mesma serpente de cascabel en posición de ataque que o coronal Daniel Baena emprega na súa conta persoal do Facebook 8dereita), fechada a ferrollo.
.
Captura de una entrada en el Facebook personal de Daniel Baena.

Tuits consecutivos del teniente coronel Daniel Baena, tras el nombre Tácito, 10 días y 8 días antes del referéndum del 1-O.Chios consecutivos do tenente coronel Baena, alias ‘Tácito’, 10 días e 8 días antes do referendo do 1-O.

.

Baena facía chíos “explicitamente en contra de líderes do independentismo procesados en até tres causas xudiciais abertas por el mesmo” 

 

Como o Goberno do PP non rectificou a súa evidente falsidade, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) preguntou ao seguinte Executivo, de Pedro Sánchez, se pensaba tomar algunha medida á vista de que o xefe da investigación sobre o procés se dedicaba simultaneamente a publicar na máis influente rede social mensaxes que “van explicitamente en contra de líderes do independentismo que constan procesados en até tres causas xudiciais abertas que el mesmo, como policía xudicial, está a cargo de investigar”, como explicou en comisión o deputado Francesc Xavier Eritja Ciuró, en substitución de Gabriel Rufián.

Pasaran sete meses desde que Zoido mentiu, e mudara o partido no poder após a moción de censura que derrubou Rajoy, mais o Goberno volveu negar a verdade, esta vez por boca da secretaria de Estado de Seguranza, Ana Botella Gómez, quen obviou a evidencia sonora achegada por Público (que se pode escoitar ao final deste artigo) para argumentar:”O que non se pode, até onde esta secretaria de Estado alcanza, é atribuír sen probas ese tipo de información. Se a información que vostedes expoñen ten o alcance que vostede dixo aquí, deberían denuncialo polos canais legais. A partir daí, vostedes terían a ocasión de defender a súa posición, que me parece absolutamente correcta e lóxica, e esa persoa deixaría de ter esas imputacións sobre cuestións que son sensibeis. Non se pode lanzar iso e non actuar. O que se debe facer é denuncialo no xulgado, ante a Fiscalía, e que actúen e se investigue. Esa creo que é a posición correcta.”.

“Os membros da Garda Civil e da Policía Nacional están suxeitos a un estrito código de conduta. Se nós temos coñecemento de que iso ocorre, ábreselles unha investigación e procédese a dirimir responsabilidades. Mais para iso temos que ter unhas probas, alguén nos ten que presentar esa denuncia”.

“Din que Público publica que ten unha conta, mais para o alcance que ten un caso desta natureza, para as consecuencias que pode ter e a interferencia que pode supor con accións xudiciais que están en curso, non hai que lanzalo aquí e xa está. Non é a miña posición. Entendo que é unha cuestión que vostedes deberían pór en coñecemento da xustiza”.

 

Respuesta de la secretaria de Estado de Seguridad a la pregunta de ERC sobre el teniente coronel Baena.
.
“É unha conduta que en calquera país democrático implicaría o arquivo inmediato de toda causa investigada baixo o mandato deste propio oficial”

 

O deputado Eritja Ciuró lembrou á secretaria de Estado que o coronel Baena “durante meses se dedicou activamente a asediar na rede os seus propios investigados. É unha conduta que en calquera país democrático constituiría un escándalo de tales proporcións que implicaría o arquivo inmediato de toda causa investigada baixo o mandato deste propio oficial”.

E terminou preguntando:”Vostedes contestáronnos literalmente que o Goberno actual non fai valoracións sobre as actuacións do Goberno anterior. Moi ben, pois entón a pregunta seguinte é: Cales son as actuacións que pensa levar a cabo o seu Goberno ante este escándalo?”

O congresista catalán referíase a que a primeira resposta do Goberno a Rufián foi un lacónico: “… o Goberno actual non fai valoracións sobre actuacións do Goberno anterior”, mais só tres días máis tarde Interior condecoraba o tenente coronel Baena, con motivo da festa patronal da Garda Civil de Catalunya. No entanto, o máis grave da resposta a ERC é que demostrou que o Executivo non se preocupou nin sequera en revisar o seguinte audio, que achegara Público sete meses antes para probar o que Botella Gómez cualificaba de “información sen probas”:

P: “Démonos conta de que es Tácito en Twitter” Baena: “Si, mais é unha cousa persoal”

 

Aquí pode escoitarse o propio tenente coronel Daniel Baena recoñecendo que el é Tácito, aínda que ao ser interrogado sobre a falta de ecuanimidade dese comportamento tente argumentar: O que pon aí “non ten nada que ver coas investigacións” porque “o que ten que ver coas investigacións póñoo no persoal, Daniel Baena”.

A seguir pode escoitarse a conversa na íntegra, de principio a fin e sen cortar nin montar:

 

 

Xornalista: Si? O señor Daniel Baena?

Daniel Baena: Sí

P: Olle, son Carlos Enrique Bayo, do xornal Público. Chámoo por…

DB: Ola, que tal!

P: Ola, como estás? Olla…

DB: Ben, ben!

P: Imos ver? Démonos conta de que es Tácito en Twitter.

DB: Si.

P: Entón… entón… Ben, chámanos a atención pensar que se as opinións que expós alí non son un pouco incompatibeis coa obrigación de facer informes ecuánimes sobre a situación e sobre as investigacións e todo iso?

DB: Ben… Mais tampouco iso non o… Tampouco non, non… Digamos que é unha cousa persoal e non ten nada a ver con… con iso… E aparte que tamén o xestiona outra xente ese perfil, eh…, que non son eu o único.

P: Non es o único que xestiona o perfil ‘Tácito’?

DB: Non, non, non, non, non, non. Non, non…

P: Ben…

DB: Non… non.

P: Hai máis?… Mais tamén son… están digamos tamén coas investigacións? Están… forman parte de…?

DB: Non, aí non teñen nada que ver coas investigacións. O que ten que ver coas investigacións póñoo no Daniel Baena, un que é oficial…

P: Si, si, ese coñézoo tamén, si, claro.

DB: Ese si… si. Mais o outro non… non… O outro, ademais facémolo un grupo de persoas… os que nos miran iso… é… Ademais, se se fixa, se se fixa… ben, iso si… que non é…

P: Ben, mais para o que sexa que estea a ler Twitter sen coñecelo, non fica en absoluto claro que son vostedes mesmos os que levan esa identidade…

DB: Non!, mais se é que non é unha persoa quen leva iso… é que non é unha persoa, é un grupo de persoas… Ademais que… É un grupo de persoas, que non son eu, ademais!

P: Que non soamente es ti?

DB: Non, non, nin eu, simplesmente… non… [atráncase] Nin eu, simplesmente, se se rechía algo… E si, algunhas cousas, as que poño no meu, dinmo e “Olla, isto mandámolo”? Mais non, non son eu, non somos nós… Ou sexa, non son eu. Ou sexa, non o xestiono eu, iso… directamente.

P: Mais coñeces ás persoas que o levan e canta xente é?

DB: O que?… Non, home non podo, porque se o que… se hai unha persoa involucrada eu non podo dicir iso.

P: Xa, xa, xa? Mais ben, como ao principio dixéchesme ‘si, si, si estou aí, son Tácito’, pois pensaba que polo menos formas parte…

DB: Noooooo… Porque… Nooooooo… Porque… Porque era… Porque pensaba que te refe… que se refería vostede a outra cousa… Non ao perfil de Twitter.

P: Ben, ben, ben… Ou sexa, non é vostede o ‘Tácito’…

DB: Non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non, non…

P: Ben, ben… Eh… En calquera caso…

DB: E se quere… ben, xa se quere… non sei, vémonos e falamos, ou o que sexa… Mais nooooo… Mais disto xa lle digo que nooooo… que nooooo… vale?

P: Vale, vale, de acordo, pois nada, moitas grazas.

DB: Un abrazo, eh!!

P: Un abrazo. Até logo, adeus.

 

Marchena: “Non é obxecto da presente causa axuizar o que a defensa denomina ‘indebida actuación’ dun tenente coronel da Garda Civil”

 

Aínda que tamén fixo caso omiso de todas estas probas o propio xuíz Manuel Marchena, quen declarou “impertinente” a declaración no xulgamento como testemuña do xornalista que gravou Baena recoñecendo que el era Tácito, aducindo: “Como se razoa infra ao valorar a pertinencia da proba documental proposta, a real identidade do usuario desa conta de twitter carece de transcendencia para o axuizamento dos feitos”.

Porque, segundo argumentou o presidente da Sala Segunda do Supremo oito páxinas despois:”Non é obxecto da presente causa axuizar o que a defensa denomina ‘indebida actuación’ dun tenente coronel da Garda Civil. Aliás, un previo filtro telemático acerca das formulacións ideolóxicas dos responsabeis e membros das forzas e corpos de seguranza ‘estatais e autonómicos’ non pode operar como presuposto de validez dos actos de investigación que, por propia iniciativa ou por orde xudicial, levaren a cabo”.

Quer dicir, para o presidente do tribunal que xulga unha ducia de políticos, moitos deles aforados, é intranscendente que actividade ideolóxica militante estivese efectuando quen asinou persoalmente todos os atestados policiais en que se basean as imputacións das acusacións pública e popular contra os líderes independentistas. Por suposto, ninguén na Administración de Xustiza considerou necesario tampouco investigar as declaracións que fixeron a este xornal outros membros da Garda Civil denunciando que a xefatura de Baena causaba malestar interno e tensións con outros corpos de seguranza do Estado por causa de que: “Está vertendo as súas ideas políticas nunhas investigacións que teñen que ser obxectivas.”Sería igualmente indiferente Marchena se a principal testemuña de cargo da acusación negase no xulgamento ser Tácito, en flagrante delito de falso testemuño

CARLOS ENRIQUE BAYO

Público