O activista, que reside en Euskadi, foi posto en liberdade mais cunha orde de expulsión que debe ser executada en 15 días. "Estamos intranquilos", sinala Isla en conversa con Sermos Galiza, pois a policía de estranxeiría argüe que Aalia se atopa no Estado español nunha "situación ilegal". Condición que devén da denegación de asilo e dun recurso aínda por resolver. Na altura, a Audiencia Nacional española suspendeu de maneira cautelar a súa expulsión.

Cumpre lembrar que Hassanna Aalia foi condenado a cadea perpetua por un tribunal militar marroquí no ano 2011 no marco do proceso iniciado contra activistas saharian@s que se atopaban no campamento de Gdeim Izik ou Campamento da liberdade. Un protesto a prol do dereito de autodeterminación do pobo sahariano.

Máis información aquí.