O contexto e a necesidade deste libro son demasiado evidentes: a epidemia de islamofobia que xurdiu após os atentados en París, os ataques contra Charlie Hebdo e un supermercado xudeu, en xaneiro de 2015, e despois os ataques aínda máis mortíferos de novembro de 2015.
Combater a islamofobia tenta desmontar algúns dos mitos e prexuízos respecto ao islam, o hiyab, as mesquitas, e ao facelo combate as ideas fomentadas pola dereita e as autoridades, mais tamén, e de maneira especial, por determinados sectores da esquerda.

Fronte a unha Europa onde emerxen a islamofobia e a división, o obxectivo básico deste libro é fomentar a loita unitaria contra a islamofobia, entre a xente de esquerdas, a xente musulmá, e -cada vez máis- a xente musulmá de esquerdas.

Participan no libro: David Karvala (ed.), Amparo Sánchez Rosell, Brigitte Vasallo, María González, Natalia Andújar, Fatiha O Mouali, Teneh Jawo, Salim Benamara, Baba Jawara, Txell Bragulat, David Crouch, Regina Martínez e Ghassan Makarem.