Elgio
.

A Audiencia española notificou ao rapper Elgio, membro do grupo La insurgencia, a condena de seis meses de cárcere, segundo informa o Diari de Sabadell. O músico non terá de ingresar en prisión porque os maxistrados acordaron a suspensión, sempre que Elgio non cometa ningún outro delito nos próximos dous anos. O rapeiro fora inicialmente condenado a dous anos e un dia de cárcere por un delito de enaltecemento do terrorismo pola letra das súas cancións. Mais en setembro de 2018, o mesmo Elgio anunciou que a Audiencia reducira a condena até os seis meses de cárcere.

No entanto, despois do placet do Tribunal Supremo español á sentenza no verao pasado, a defensa do rapper presentou un recurso de amparo no Tribunal Constitucional, que ainda está pendente de resolución. A intención do músico é ser absolvido dos feitos. Portanto, se o TC non acepta o recurso, recorrerá ao Tribunal Europeo dos Dereitos humanos.

Redacció- VilaWeb