Como o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos subliñou reiteradamente na súa xurisprudencia sobre a presunción de inocencia, a maneira en que as autoridades presentan as persoas sospeitosas e acusadas diante do público ou nos xulgados e/ou tribunais pode ter consecuencias adversas sobre a imparcialidade dun procedemento.

 

Resultado de imaxes para algemas

 

En 2017, coa participación de Rights International Spain, o Hungarian Helsinki Committee, Fair Trials Europe, Aditus (Malta), Human Rights House (Croacia), Mérték (Hungría) e a Vienna University foi lanzado un Proxecto Internacional de investigación de dous anos de duración, para contribuir á correcta aplicación da Directiva 2016/343 . O obxectivo do proxecto é reducir o número de ocasións en que as persoas sospeitosas e acusadas son presentadas perante os tribunais e o público, mesmo através dos media, en formas que fomentan sentimentos ou unha percepción de culpabilidade. En concreto, preténdese:

*     Proporcionar unha visión xeral a respecto da aplicacíon de medidas de coerción física a persoas sospeitosas ou acusadas nos estados membros e da medida en que os funcionarios públicos respectan a presunción de inocencia nas súas comunicacións públicas.

*    Recompilar boas prácticas e ideas innovadoras, así como proporcionar orientación concreta sobre como aplicar restricións físicas ás persoas sospeitosas e acusadas nos tribunais e en público, e como comunicarse cos media sobre investigacións en curso.

*   Sensibilizaras autoridades públicas e os media sobre a importancia que revista a forma en que unha persoa sospeitosa ou acusada é presentada perante o ribunal ou nos media e salientar as formas en que diferentes prácticas poden aumentar ou diminuir as percepcións de culpabilidade.

*      Fortalecer o intercambio e a cooperación entre especialistas xudiciais e de media de toda a UE.

A Directiva 2016/343

A Directiva 2016/343 pola que son reforzados  no proceso penal determinados aspectos da presunción de inocencia e o dereito a estar presente no xulgamento ofrece dúas garantías chave sobre a maneira en que as persoas sospeitosas e acusadas son presentadas diante dos tribunais e diante do público.

. O Artigo 4 da Directiva obriga os Estados membros a garantiren que as declaracións públicas efectuadas polas autoridades non se refiran a unha persoa como culpábel.

. O artigo 5 da Directiva obriga os Estados membros a garantiren que as persoas suspeitosas ou acusadas non sexan presentadas como culpabeis, diante dos tribunais ou diante do público, mediante o uso de medios de coerción física.

A aplicacións destas disposicións, embora sinxelas na súa formulación, non é tan doada na práctica. Unha comunicación efectiva co público sobre asuntos de orde pública e seguranza é de vital importancia para xerar confianza pública e para levar a cabo determinados tipos de investigación. Entretanto, o uso de restricións físicas pode ser necesario en dadas circunstancias. A necesidade de realizar un estudo ou unha avaliación caso por caso das circunstancias subxacentes a cada comunicación cos medios e cada uso de restricións físicas significa que, con algunhas excepcións, non é posíbel establecer regras claras sobre cuestións de presentación das persoas sospeitosas e acusadas por parte das autoridades públicas perante os tribunais e o público en xeral.

A propia Directiva recoñece esta tensión. O Considerando 19 establece que “Os Estados deben informar as autoridades públicas da importancia de teren debidamente en conta a presunción de inocencia cando facilitaren ou divulgaren información aos medios de comunicación. Isto esténdese sen prexuízo do Dereito nacional en materia de protección da liberdade de prensa e outros medios de comunicación”. Segundo o Considerando 20: “As autoridades competentes deben absterse de presentar as persoas sospeitosas ou acusadas como culpábeis, perante os órgaos xurisdicionais ou o público, mediante o uso de medios de coerción física como alxemas, cabinas de vidro, gaiolas e grillóns, salvo que eses medios foren necesarios en casos específicos”.

Rights International Spain

Relatorio