O Consello de Dereitos Humanos da ONU, fundado o ano 2006 co obxectivo principal de considerar as situacións de violacións dos dereitos humanos e facer recomendacións a respecto diso, será quen ditamine se os centenares de crimes do franquismo deberán ser investigados ou non polos tribunais españois.

 

plenari ONU nacions unides - ACN

 

Así o explica o xornal Público, que detalla que as causas xa comezan a chegar ao consello, como consecuencia da combinación de dous factores que están a facer naufragar en fervenza o percorrido xudicial das querelas e as denuncias en España.

Tal como recolle o dixital, un é a xurisprudencia establecida polo Supremo, que ditaminou que os delitos cometidos entre 1936 e 1977 por axentes da autoridade e por funcionarios ficaban eliminados por efecto da Lei de Amnistía de 1977, unha norma á cal os maxistrados se refiren como “alicerce básico e insubstituíbel da transición española”, ou en todo caso, estaban prescritos.

A outra posición, segundo recolle tamén este xornal, é a que adoptou ante este asunto o Tribunal Constitucional, que comezou a rexeitar os recursos de amparo de diversas destas vítimas contra os arquivamentos ditados polos xuíces de instrución, con base á doutrina do Supremo, co argumento de as formulacións xurídicas non teren relevancia constitucional.

El Nacional