Un inmigrante interno na futura prisión de Archidona, habilitada como Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE), foi achado sen vida ás nove da mañá da pasada sexta feira 29 de decembro. O home apareceu esganado na súa cela. A decisión de encerrar medio millar de migrantes no penal suscitou duras críticas de colectivos e persoas e a tensión no interior do centro aumentou considerabelmente desde que comezaran as devolucións aos países de orixe.

 

 

A medida do ministerio do Interior de habilitar o centro penitenciario como CIE para internar migrantes que chegaron ás costas levantinas nun fin de semana, estivo desde o primeiro momento no ollo do furacán. Foi defendida polo seu ministro, Juan Ignacio Zoido, quen asegurou que se cumpre a legalidade, xa que tiña respaldo xudicial. Con todo, numerosos colectivos sociais e partidos políticos criticaron e denunciaron a decisión.

Reaccións

As reaccións ante o fatal suceso non demoraron, xa que son numerosas as asociacións, colectivos e organizacións que están a seguir de preto os movementos na prisión. Así, o presidente da Plataforma de Solidariedade cos Inmigrantes, Luís Pernía, cualificou o feito de “previsíbel”, xa que non é o primeiro suicidio que se produce nun CIE en territorio malagueño. “Isto xa ocorreu no CIE de Capuchinos, estes centros son lugares para o sufrimento, non para o avance nin o futuro das persoas”. Apoiado nos seus máis de 20 de experiencia, Pernía explicou que os inmigrantes internos nos CIE teñen moita presión porque saben que van ser devoltos ao seu país de orixe, onde ademais da pobreza que os levou a saír, agárdaos unha débeda coas mafias que os axudaron a cruzar o Mediterráneo.

Desde Acaip, o sindicato maioritario de prisións, tamén houbo reaccións. José Luís Pascual, o presidente, foi tallante: “Avisamos e denunciamos no seu momento que os cárceres non son o sitio dos inmigrantes, existe unha grave irregularidade en todo o que aconteceu. Esperamos e desexamos que os grupos parlamentares e a ONG demanden responsabilidades políticas a quen tomou esta decisión”. Igualmente referiuse á petición do xulgado de Beira (Almería) ao Ministerio, que requiriu que se esclarecese se o centro é un cárcere ou un CIE e que non foi contestada. “Seica o ministerio non sabe onde se suicidou esta persoa?”. Á súa vez defendeu que “os cárceres están deseñados para os profesionais”, e que as cousas “nunca deberon ser feitas así”.

Arantxa Triguero, presidenta de Málaga Acoge, asegurou que todo o tecido social que rodea este caso está “impactado”. “É a reprodución do que pasa en calquera CIE. Asegurou que o Defensor del Pueblo xa foi avisado e que van solicitar que as testemuñas fiquen en territorio español. O portavoz da plataforma contra o CIE de Archidona, Daniel Machuca, apuntou que algúns internos avisaran de intentos de autolesións.

Protesta de la Plataforma contra el CIE de Archidona a las puertas del edificio tras conocerse el suceso.

A Plataforma de Solidariedade cos e as Inmigrantes de Málaga, da que forma parte Málaga Acoge xunto a unha vintena de organizacións, convocou para o sábado ás 19,00h, unha concentración na Praza da Mercé de Málaga.

Pola súa banda, a Rede Española de Inmigración e Axuda ao Refuxiado pediu a dimisión do ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, e demandou a abertura dunha “investigación inmediata” para esclarecer o acontecido. O presidente da Rede, Daniel Méndez, afirmou que esta situación é “consecuencia directa da opacidade, desespero e plena inoperatividade dun centro e un persoal que non están preparados para o que está a acontecer”.

Así mesmo, a Asociación Pro Derechos Humanos en Andalucía (APDH-A), o seu coordinador de Migracións, Carlos Arce, abunda no que “ese metelos no primeiro sitio que atoparon, unha prisión pechada, fóra de servizo, saltándose o primeiro ‘stop’ do pórtico de regulación dos CIE e coa mala xestión material ao ser un recinto pechado trae un colofón de consecuencias”.

Fonte: Sur