O xulgamento ao activista Chema Naia, que debería terse celebrado no dia de hoxe (20-D) nos Xulgados de Compostela, tivo de ser adiado ao comprobarse que non era  posíbel reproducir simultáneamente un vídeo na sala de vistas e no ordenador dende o cal os axentes denunciantes irian declarar como testemuñas. Unha deficiencia dificilmente xustificábel que se xunta a outras irregularidades observadas por EsCULcA e relacionadas coa verificación das normas procesuais que regulan a práctica da proba.

 

Chema Naia absolución! [ESP/GAL] | Análisis

 

 

Na vista abordáronse cuestións previas propostas pola defensa, que foron resoltas razoablemente polo xulgado. A acusación particular pediu a inadmisión como proba duns vídeos, co fundamento extravagante de que non se cotexaran previamente pola letrada da administración de xustiza. Isto foi rexeitado polo xulgado, que admitiu a proba da defensa. Despois, no momento de iniciar a práctica da proba, non foi posíbel reproducir simultáneamente un vídeo na sala de vistas e no ordenador dende o cal os axentes denunciantes declaraban como testemuñas. Por esta causa, o xuízo tivo que suspenderse, de forma que os axentes serán citados para a súa comparecencia presencial no xuízo que será reanudado no 1 de marzo.

Dende Esculca criticamos os seguinte:

1) os axentes da Guardia Civil tentaron prohibir o noso acceso á vista, descoñecendo así o dereito a un xuízo público, que é un dereito fundamental recollido na constitución;

2) non se entende que a administración da administración de xustiza (nome correcto), dependente da xunta de Galiza non conte cos medios informáticos axeitados para celebrar as vistas coas garantías necesarias, dando pé así a dilacións indebidas; e

3) non compartimos o criterio de permitir que as testemuñas da acusación, aínda máis sendo funcionarios públicos, podan declarar a distancia, en particular cando se trata de axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado; isto obstaculiza o principio de inmediación que informa a práctica da proba (O principio de inmediación significa que quen dita a sentenza -o xuíz- ten que presenciar a práctica da proba en persoa, iso quere dicir: na sala de vistas, en contacto directo coa fonte de proba) e impide verificar as normas procesuais que regulan a práctica da proba, por exemplo, a prohibición de que as testemuñas presencien as declaracións das outras testemuñas.”

 

Suspéndese o xuízo a Chema Naia por cuestións técnicas

A advogada da defensa tamén critica a declaración a distancia dos axentes
.

A avogada de Chema Naia, Xulia Álvarez Martín, coincide nesta apreciación. “Se os policías estiveran na sala non se tería suspendido”, asegura a Nós Diario. 

A letrada engade que a posibilidade de declarar a distancia “ten outras vantaxes para eles ao non saber nós onde están e quen escoita a súa declaración, non pode ser que se contaminen unhas testemuñas coas outras”. Alén diso, para Álvarez “non é o mesmo falar diante dunha persoas que diante dunha cámara”. Por este motivo agarda que na vista o día 1 de marzo acudan presencialmente ao xulgado de Compostela.