ANVIPED envía escrito á Procuradoría Xeral do Estado (que lle aconsella denunciar os feitos en Comisaría ou no Xulgado de Garda), e solicita unha reunión coa ministra Dolores Delgado para lle expor casos concretos

                                  Imaxe do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo.

A Asociación Nacional de Vítimas dos Profesionais do Estado de Dereito (ANVIPED), colectivo de defensa das liberdades civís, enviou queixa á Procuradoría Xeral do Estado e ao Ministerio de Xustiza no pasado 10 de xullo. Denuncia falta de transparencia e denuncias por inxurias e calumnias contra quen reclama nvestigacións concretas contra algún membro da carreira xudicial. ‘Unha práctica moi estendida entre os xuíces: denunciar dirixentes de asociacións e advogados’.

ANVIPED lembra que esta práctica é ‘ilegal’, ‘pouco democrática’ e ‘disuasoria’ -segundo recentes resolucións do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos- e supón unha actitude ‘autoritaria’ dalgúns ‘xuíces e fiscais que denuncian os profesionais do Dereito, por inxurias e calumnias’, co fin de ‘lucrarse coa indemnización’ das sentenzas condenatorias.

Na carta, os responsabeis de ANVIPED pediron unha reunión urxente, non só coa Procuradoría Xeral do Estado, senón tamén coa ministra Dores Delgado, en que ‘achegaremos documentación de varios casos e concretaremos o seu compromiso de acabar con esta práctica corrupta, de forma que podamos informar os medios de comunicación do acontecido e de que vostedes non van permitir esa corrupción xudicial’. A resposta da Procuradoría á asociación foi que ‘se ten coñecemento de feitos que poden ser constitutivos de delito poden interpor denuncia ante a Comisaría de Policía, Xulgado de Garda ou pode dirixirse a calquera fiscalía máis próxima ao seu domicilio, achegando a documentación en que se fundamente’. Ademais, este mesmo órgao xudicial informou os denunciantes de que ‘a axenda da Procuradora Xeral está completa para os próximos meses’. Pola súa banda, o Ministerio de Xustiza respondeu a ANVIPED que ‘en relación coa súa petición de reunión rogámoslles nos indíquen un número de teléfono para que un asesor da ministra poida chamar e concertar un encontro’. De momento, esa reunión non se celebrou.

Segundo ANVIPED, resulta ‘gravísimo’ que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) suxerise que a Xustiza española pode ser ‘pouco democrática’ e ‘disuasoria’. A asociación pon como exemplo o dun avogado condenado por calumniar un xuíz durante un procedemento xudicial, un delito que non existe segundo o TEDH. O relator da sentenza de Estrasburgo estableceu nese asunto que ‘en canto existe unha forte convicción ou mesmo unha case certeza por parte dos xuíces de que un avogado pasou os límites do seu dereito á liberdade de expresión nun asunto civil perante un tribunal, paréceme que en principio un procedemento disciplinar sería máis apropiado que un procedemento penal para proceder a unha primeira valoración do comportamento dese avogado’. E engade: ‘En fin, non querería excluír que, neste caso, os cargos penais por calumnia poderían ser xustamente considerados contra o avogado en cuestión, mais paréceme que a elección do xuíz de dirixirse directamente ao fiscal sen nin sequera tratar de incoar un procedemento disciplinar ante o Colexio de Avogados podería ter un efecto disuasorio no que se refere ao exercicio da liberdade de expresión dos avogados. A contía da pena, neste caso, paréceme un mal menor’. O fallo conclúe que ‘volto ao factor ‘efecto disuasorio”. Xa subliñei a súa importancia. Non debería, contodo, utilizarse como un escudo para protexer os abusos flagrantes da liberdade de expresión que, como no presente asunto, asestan un golpe directamente contra un xuíz individual e, por suposto, indirectamente contra o sistema xudicial español’.

Ademais, ANVIPED lamenta que a Procuradoría Xeral do Estado remetese a denuncia á Fiscalía Anticorrupción, ‘que lavou as mans como é habitual, apesar de o TEDH condenar a España en varios dos casos denunciados’.

‘En resumo, segundo o TEDH, estes fiscais, xuíces e maxistrados denunciados por violaren varios dereitos humanos: liberdade de expresión e dereito de defensa letrada; ademais, polo devandito, é obvio que vulneran o dereito fundamental de asociación, en todos os casos de forma disuasoria’, engade ANVIPED.

Por Marcos López

Diario16