Deputadas e deputados de BNG, Compromís, CUP, EH Bildu, ERC, JxCat, Más País-Equo, NC, PSOE e Unidas Podemos transmiten  á embaixadora de Israel en Madrid, Rodica Radian-Gordon,  a súa preocupación pola ‘situación agónica’ da cooperante Juana Ruiz Sánchez e demandan a súa inmediata liberación, xunto con Tayseer Abu Sharbak e Saeed Abbad, integrantes tamén da organización sanitaria Health Work Committees (HWC) que ela coordina.

 

Imagen difundida por redes sociales de Juana Ruiz Sánchez para visibilizar su causa.
                         Juana Ruiz Sánchez

 

Deputadas e deputados de BNG, Compromís, CUP, EH Bildu, ERC, JxCat, Más País-Equo, NC, PSOE e Unidas Podemos enviaron unha carta á embaixada de Israel en que demandan a liberdade inmediata da traballadora humanitaria Juan Ruiz, retida desde hai 15 días sen proceso, cargos ni probas.

Os parlamentares transmiten á embaixadora, Rodica Radian-Gordon, a súa preocupación pola ‘situación agónica’ de Ruiz, así como a dos seus compañeiros Tayseer Abu Sharbak e Saeed Abbad, integrantes tamén da organización sanitaria Health Work Committees (HWC)

A/os asinantes da carta, en representación dos seus grupos parlamentares, reclaman a posta en liberdade destas tres persoas e a correcta aplicación do dereito internacional en materia de dereitos humanos e o dereito humanitario. Lembran que Ruiz foi detida polas autoridades israelitas, na madrugada do pasado 13 de abril, cando máis de 20 soldados armados irromperon na súa casa, na localidade cisxordana de Beit Sahour. Subliñan que vive ali desde hai 35 anos e é coordenadora de proxectos na organización sanitaria palestina Health Work committees. Alén diso, enfatizan que esta entidade foi financiada pola cooperación española e descentralizada de autonomias e concellos, así como en colaboración con varias ONG españolas durante moitos anos.

A organización tamén foi financiada por outros países da Unión Europea como Dinamarca, Suíza, Irlanda, Noruega, Suecia, Alemaña e o Reino Unido; organismos multilaterais como a UNRWA, UNICEF, OMS, PNUD e UNFPA, así como por ONGs internacionais como OXFAM, Medical AID e Save the Children, doantes que esixen “os máis altos estándares en xustificación pública do destino do seu financiamento”.

As deputadas insisten en que o HWC realizou decenas de proxectos sanitarios e sociais sobre prevención sanitaria nas aldeas da Cisxordania, entre eles: vacinación das crianzas de Xerusalén Leste; campañas de información e formación en cuestiós relacionadas coa saúde, cos hábitos sanitarios ou coa prevención das doenzas máis comúns na zona e atención gratuita ao 40% dos seus pacientes nas 14 clínicas que teñen no territorio gobernado pola Autoridade Palestina.

PÚBLICO / EFE